1999 TC36 visto coma un obxecto binario a través do Hubble no ano 2001. | ||
---|---|---|
Descubrimento e clasificación | ||
Descuberto por | E. P. Rubenstein, L.-G. Strolger | |
Descuberto o | 01-10-1999 | |
Nome e Categoría no Mpc | (47171) 1999 TC36 obxecto trans-neptuniano Plutino[1][2] | |
Características orbitais | ||
Época= 14-06-2006 (2453900,5 dx) | ||
Afelio | 7.173,592 Gm 47,952 UA (Q) | |
Perihelio | 4.571,710 Gm 30,560 UA (q) | |
Eixo semi-maior | 5.872,651 Gm 39,256 UA | |
Excentricidade | 0,222 | |
Período orbital | 89.838,309 d 245,96 ax | |
Velocidade orbital | 4,69 km/s | |
Inclinación | 8,416° | |
Anomalía media | 346,981° (M) | |
Lonxitude do nodo ascendente | 97,059° | |
Argumento do perihelio | 295,003° | |
Satélites | S/2001 (47171) 1: 139 +22 −18 km,[3] 0,746 ± 0,06 x 1018 kg[4] | |
Características físicas | ||
Dimensións | Asumindo albedos iguais A1=272+17 393,1+25,2 |
|
Masa | 12,75 ± 0,06 x 1018 kg (A1+A2+B)[4] 14,20 ± 0,05 x 1018 kg (A1+A2)[4] | |
Densidade | 0,64+0,15 −0,11 g/cm3[3] | |
Gravidade superficial | 0,039–0,020 m/s2 | |
Velocidade de escape | 0,117–0,096 km/s | |
Período de rotación | síncrona | |
Tipo espectral | B-V=1,00 ± 0,13 V-R=0,70 ± 0,03[3] | |
Albedo | 0,079+0,013 −0,011[3] | |
Magnitude aparente | 19,8[5] | |
Magnitude absoluta | 5,41 ± 0,10[3] | |
Temperatura superficial | ≈45–44 K |
(47171) 1999 TC36 (tamén escrito coma: (47171) 1999 TC36) é un sistema que comprende 3 obxectos trans-neptunianos (TNOs). Foi descuberto no ano 1999 por Eric P. Rubenstein e Louis-Gregory Strolger dende o Kitt Peak National Observatory (KPNO). O Dr. Rubenstein estaba buscando imaxes tomadas polo Dr. Strolger dentro do programa de procura Low-Z Supernova. Está clasificado coma un plutino cunha resonancia orbital de 3:2 con Neptuno,[1] está actualmente a só 30,7 UA respecto do Sol,[5] e está entre os TNOs máis brillantes.
(47171) 1999 TC36 é un sistema triplo que consiste nun primario (o cal en si mesmo é un obxecto binario) e unha pequena lúa (compoñente B).[4] As observacións combinadas feitas no infravermello polo Telescopio Espacial Spitzer,[6] o Telescopio Espacial Herschel[3] e o Telescopio Espacial Hubble (HST) fixeron posible a estimación dos diámetros das compoñentes e consecuentemente estas estimacións proporcionaron un rango de posibles valores para a densidade do conxunto do sistema.[4] O diámetro, tomado coma se fose un só corpo (o tamaño efectivo do sistema), de 1999 TC36 está actualmente estimado en 393,1+25,2
−26,8 km.[3]
A estimada baixísima densidade de tan só 0,3–0,8 g/cm3 obtida no ano 2006 (cando se pensaba que o sistema era binario), precisaba que o sistema tivese unha infrecuente e altísima porosidade de entre o 50% ó 75%, asumindo unha mestura por igual de xeo e rochas.[6] A medición directa das flutuacións da luz das tres compoñentes do sistema, proporcionadas no ano 2009 polo HST, deron coma resultado unha densidade media de 0,532+0,317
−0,211 g/cm3, confirmando as primeiras impresións sobre que este obxecto é probablemente un conglomerado de cascallos.[4] A densidade foi revisada á alza, co novo dato de 0,64+0,15
−0,11 g/cm3 no ano 2012 cando estiveron dispoñibles os novos datos obtidos polo Herschel. A densidade do sistema en conxunto quedaba nun rango de 1–2 g/cm3, o que supón unha porosidade que iría do 36% ó 68%, confirmando de novo que o obxecto é un conglomerado de cascallos.[3]
1999 TC36 ten unhas liñas espectrais moi marcadas no vermello dentro da rango da luz visible[7] e un espectro plano no infravermello próximo. Tamén hai unha feble liña de absorción preto da lonxitude de onda dos 2 μm, probablemente causada pola presenza de xeo de auga. O mellor modelo que reproduce o espectro do sistema incluiría tolinas, xeo cristalino de auga e serpentinas coma materiais da superficie.[8]
A lúa foi descuberta o 8 de decembro do ano 2001 por C. A. Trujillo e M. E. Brown grazas ó uso do Telescopio Espacial Hubble[9] e o seu descubrimento foi anunciado o 10 de xaneiro do ano 2002. [Cómpre referencia]O satélite ten un diámetro estimado de 132+8
−9 km[3] e un semi-eixo maior de 7.411 ± 12 km, orbita o seu primario en 50,302 ± 0,001 días.[4] Estímase que a masa desta lúa é de tan só 0,75 x 1018 kg.[4]
No ano 2009, unha análise feita co Hubble amosou que o primario estaba realmente composto por dúas compoñentes de tamaño semellante.[4] Estas dúas compoñentes teñen un semi-eixo maior de 867 km e un período de 1,9 días.[4] Asumidos que teñen albedos iguais, de 0.079, as compoñentes do primario teñen uns diámetros aproximados de A1=272+17
−19 km e A2=251+16
−17 km.[3] A compoñente B orbita o baricentro do sistema de A1+A2. A masa do sistema foi estimada grazas á observación do movemento da compoñente B, que é de 12,75 ± 0,06 x 1018 kg.[4] O movemento orbital das compoñentes A1 e A2 dá unha estimación algo máis alta, en concreto de 14,20 ± 0,05 x 1018 kg. Esta discrepancia é probablemente debida ás interaccións non contabilizadas das compoñentes deste complexo sistema triplo.[4]
Existen dúas hipóteses principais para explicar a formación do sistema triplo de 1999 TC36. A primeira basearía a formación do sistema a través dunha gran colisión e a posterior concentración de material. A segunda hipótese baséase na captura gravitacional dun terceiro corpo por parte dun sistema binario pre-existente. Os tamaños semellantes das compoñentes A1 e A2 danlle máis peso a esta segunda hipótese.[4]
1999 TC36 foi suxerido coma posible obxectivo para a sonda New Horizons 2, esta sonda é unha proposta para un proxecto dunha sonda xemelga á New Horizons que sobrevoaría Xúpiter, Urano e catro KBOs.[10]