300 (novela gráfica) | |
---|---|
Título orixinal | 300 |
Autor/a | Frank Miller |
Ilustrador/a | Frank Miller |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Tema(s) | Batalla das Termópilas |
Xénero(s) | historical comics |
Editorial | Dark Horse Comics |
Data de pub. | 1998 |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
300 é unha novela gráfica de 1998, publicada orixinalmente en cinco números, guionizada e ilustrada por Frank Miller con cor de Lynn Varley. Describe a batalla das Termópilas (480 a.C.), na que 300 guerreiros espartanos trataron de frear o avance do exército persa de Xerxes I no seu avance cara á Grecia continental e os sucesos que desembocaron nela dende a perspectiva de Leónidas I, rei de Esparta.
A novela está especialmente inspirada polo filme de 1962 The 300 Spartans, que Miller viu canda neno. Cada páxina foi orixinalmente ilustrada nun formato de páxina dupla. Cando a serie foi publicada en formato de tapa dura, mantívose o formato, de forma que cada páxina era dúas veces máis ancha que unha banda deseñada normal.
Obtivo o Premio Harvey á Mellor Serie e Mellor Cor e o Premio Eisner á Mellor Serie Limitada e Mellor Cor, así como o de Mellor Autor Completo (Best Writer/Artist) para Frank Miller, todos en 1999.
A novela gráfica 300 consta dunhas 160 páxinas, distribuídas en 5 capítulos.
Exite un filme baseado nesta novela gráfica, dirixido por Zack Snyder e con Gerard Butler no papel de Leónidas.