«3 Libras» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de A Perfect Circle | |||||
do álbum Mer de Noms | |||||
Lanzamento | 13 de febreiro de 2001 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | |||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:35 | ||||
Discográfica | Virgin | ||||
Produtor(es) | Billy Howerdel, Alan Moulder | ||||
Escritor(es) | A Perfect Circle | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"3 Libras" é unha canción da banda de rock alternativo A Perfect Circle, editada o 13 de febreiro do 2001 como segundo sinxelo do seu álbum de estrea Mer de Noms. O tema foi ben recibido tanto pola crítica como comercialmente, chegando ao número 12 das listas da Billboard Modern Rock e Mainstream Rock en 2001.
Ao igual que con todo o álbum Mer de Noms, a música de "3 Libras" foi composta polo guitarrista Billy Howerdel, mentres que as letras foron escritas polo vocalista Maynard James Keenan e Christopher Washington.[1] Os dous imaxinaron orixinalmente este tema como primeiro sinxelo do seu álbum de estrea, antes de que os executivos da discográfica os convencesen para escoller a máis dura "Judith", que pensaban que este tema era mellor para dar a coñecer o grupo debido a que afastábase menos da outra banda de Keenan, Tool.[2]
Fixéronse dúas versións "remix" oficiais da canción; a "Feel My Ice Dub Mix" polo membro da banda Danny Lohner, e a "All Main Courses Mix" por Robert "3D" Del Naja de Massive Attack. Estes temas foron recompilados no álbum de remesturas de 2004 aMOTION.
Mentres que gran parte do son de Mer de Noms identifícase cunha estética hard rock convencional, o son de "3 Libras" está conducido principalmente por guitarra acústica e violín.[3] A meirande parte da canción consiste en melódicos tons limpos de guitarra, e unha melodía de violín tocada por riba, composta pola baixista e violinista da banda Paz Lenchantin.[3][4] O batería Josh Freese toca o aro da batería cada oitava nota, estando o tema interpretado nun tempo 6/8.[4] A canción remata cunha banda ao completo e guitarras eléctricas distorsionadas no outro do tema, finalizando cun escuro acorde de guitarra.[4]
Varias versións do tema teñen composicións diferentes. A "Feel My Ice Dub Mix" ten un tempo ralentizado e engade beats e efectos electrónicos, dándolle un son máis trance, e a "All Main Courses Mix" usa extensivamente estática de radio e efectos de ruído.[5] Cando é interpretada ao vivo, na ausencia dun violinista, a banda normalmente toca unha versión alternativa da canción, con Howerdel tocando a guitarra eléctrica con tons limpos durante toda a súa extensión, mentres o resto da banda acompaña no fondo cos seus respectivos instrumentos.[6]
Polo xeral a canción foi ben recibida, tanto comercialmente como pola crítica. Puido escoitarse con frecuencia a través da radio, e acadou o número 12 das listas estadounidenses da Billboard Modern Rock e Mainstream Rock.[7] Os críticos loubaron a canción. Sputnik Music falou dela como "unha das cancións máis fermosas que APC editou" e "unha das edicións máis emocionais do álbum".[4] O editor xefe de Artist Direct, Rick Florino, nomeou á pista unha das "mellores 20 cancións de Maynard James Keenan", calificándoa como "...un momento tenro de de anhelo encerrado nunha fermosa melodía feliz...'3 Libras' ilumina o gran rango vocal e habilidade do cantante".[8] Á parte, Florino eloxiou tamén a interpretación ao vivo por parte da banda, afirmando que sentía que acadou "alturas celestiais" cando foi tocada nas xiras de reunión en 2010.[9]
Toda a música composta por Billy Howerdel e todas as letras escritas por Maynard James Keenan.