A-52 Autovía das Rías Baixas | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 306 km |
Localización | |
Inicio | A-6 (Benavente) |
Fin | A-55 (O Porriño) |
A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.
A súa construción remóntase ós inicios de 1994, cando se empezaron as obras no tramo Melón-Barbantes (Ourense), e terminou no 2003, cando se puxo en servizo o último tramo entre Requeixo de Seabra (provincia de Zamora) e A Vilavella (A Mezquita), derivado da dificultade deste último. A obra resultou máis custosa do previsto inicialmente, debido ós continuos desprendementos de terras, as dificultades orográficas aparecidas e a complexidade do trazado. Os primeiro tramo aberto foi Vigo-Ourense, o de maior volume de tráfico, a finais de 1998. O tramo Ourense-Benavente completouse a finais de 2003.
Tras superar o estudo informativo, o 25 de outubro de 2007 entrou en redacción o proxecto para a prolongación da autovía ata Vigo, cun túnel de 2,8 km baixo o monte de Puxeiros, e unha distancia total de 1430 metros sobre viadutos, como alternativa á actual A-55. Estaba previsto que as obras se iniciasen cara a 2009 e rematasen a mediados de 2011[Cómpre referencia], pero na actualidade aínda non comezaron. A prolongación constará de 10,3 km e custará arredor de 169 millóns de euros.
Denominación | Tramo | Estado (2012) | km |
---|---|---|---|
A-52 | Benavente (A-6/A-66) - Ourense | En servizo (2003) | 232 |
A-52 | Ourense - O Porriño (A-55) | En servizo (1998) | 84 |
O Porriño (A-55) - Vigo | Proxecto terminado (pendente licitación de obras) | 12 |