A arca de Noé do Oso Iogui | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Yogi's Ark Lark |
Director | Joseph Barbera William Hanna |
Produtor | Joseph Barbera William Hanna |
Guión | Bob Ogle Dick Robbins |
Intérpretes | Daws Butler Henry Corden Walker Edmiston Allan Melvin Don Messick John Stephenson Jean Vander Pyl Lennie Weinrib |
Música | Hoyt Curtin Paul DeKorte |
Estudio | Hanna-Barbera Productions |
Distribuidora | Warner Bros. Television Distribution |
Estrea | 16 de setembro de 1972 |
Duración | 45 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Filme anterior | The Brady Kids on Mysterious Island |
Filme seguinte | Mad Mad Mad Monsters |
Na rede | |
A arca de Noé do Oso Iogui (en inglés: Yogi's Ark Lark) é un telefilme de animación estadounidense de 1972 dirixido por Joseph Barbera e William Hanna. Producido por Hanna-Barbera, o obxectivo do filme é espertar a conciencia ecolóxica. Foi emitido o 16 de setembro de 1972 como parte do programa The ABC Saturday Superstar Movie e serviu como piloto de Yogi's Gang.
Alén da súa mensaxe medioambientalista, o filme marcou un fito na historia de Hanna-Barbera: unha gran cantidade das personaxes do estudio foron reunidas nunha única historia por vez primeira. Isto marcou o ton de futuros especiais e series, como Laff-A-Lympics e Yogi's First Christmas.