A lingua das bolboretas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A lingua das bolboretas |
Director | José Luis Cuerda |
Produtor | Produtor executivo: Fernando Bovaira José Luis Cuerda Produtor asociado: Jose Maria Iresteiro |
Guión | Rafael Azcona José Luis Cuerda Manuel Rivas |
Baseado en | Que me queres, amor? de Manuel Rivas |
Intérpretes | Fernando Fernán Gómez Manuel Lozano Uxía Blanco Gonzalo Uriarte Alexis de los Santos Elena Fernández Tamar Novas |
Música | Alejandro Amenábar |
Fotografía | Javier Salmones |
Montaxe | Ignacio Cayetano Rodriguez Nacho Ruiz Capillas |
Estudio | Sociedad General de Televisión (Sogetel) |
Distribuidora | Warner Sogefilms S.A. |
Estrea | 1999 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 2 211 800 euros[1] |
Recadación | 4 632 493 euros |
Na rede | |
A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.
O filme trata sobre a relación dun neno e o seu mestre durante a época anterior á guerra civil española. Ó principio o neno, Moncho, ten medo de ir á escola xa que o asustaran dicíndolle que os mestres zoupaban nos estudantes. Iso era habitual na educación da época, pero o seu mestre non é así, xa que Don Gregorio utiliza o método de observación como ensinanza. Don Gregorio ensínalle moitas cousas a Moncho e principalmente fálalle sobre a liberdade.
Nese tempo prodúcese a sublevación militar de 18 de xullo de 1936. Os sublevados conseguen o control dos gobernos civís e militares nas capitais provinciais galegas, e comezan as incursións de determinados grupos de falanxistas e gardas civís polas vilas e aldeas, á procura de republicanos para lles aplicaren represalias. Iso acontece na vila do filme: levan presos varios republicanos nun camión. No camión, atópanse varios amigos e coñecidos do lugar e tamén está Don Gregorio. Os pais de Moncho, en especial a súa nai, exhórtano a que berre contra os republicanos, deixando clara a súa postura política. Comezou a berrarlles "Roxos! Asasinos!", como facían os demais, pero ó cabo, marchou correndo detrás do camión dicíndolle a Don Gregorio "Tilonorrinco! Espiritrompa!", palabras que aprendera del nas súas clases.
A historia narrada ten como pano de fondo os feitos acontecidos logo que os militares sublevados en xullo de 1936 atinxisen o poder civil e militar nas catro provincias galegas. Determinados grupos de falanxistas e gardas civís axiña comezaron a percorrer o territorio galego e asasinaron milleiros de persoas que cumprisen unha ou varias das seguintes características: seren militantes de partidos da esquerda ou de sindicatos; seren defensores da lingua galega ou galeguistas en xeral; seren mestres/as a exerceren a súa profesión segundo uns principios de modernidade pedagóxica e laicismo, de acordo coa Institución Libre de Enseñanza e o Museo Pedagóxico Nacional español.
Persoa | Resultado | |
---|---|---|
Mellor filme | Candidata | |
Mellor director | José Luis Cuerda | Candidato |
Mellor actor protagonista | Fernando Fernán Gómez | Candidato |
Mellor actor revelación | Manuel Lozano | Candidato |
Mellor guión adaptado | Rafael Azcona José Luis Cuerda Manuel Rivas |
Gañadores |
Mellor música orixinal | Alejandro Amenábar | Candidato |
Mellor fotografía | Javier G. Salmones | Candidato |
Mellor montaxe | Nacho Ruiz Capillas | Candidato |
Mellor dirección artística | Josep Rosell | Candidato |
Mellor dirección de produción | Emiliano Otegui | Candidato |
Mellor deseño de vestiario | Sonia Grande | Candidata |
Mellor maquillaxe e peiteado | Ana López Puigcerver Teresa Rabal |
Candidatas |
Mellor son | Daniel Goldstein Ricardo Steinberg Patrick Ghislain |
Candidatos |