A ofensa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Offence |
Director | Sidney Lumet |
Produtor | Denis O'Dell |
Guión | John Hopkins |
Intérpretes | |
Música | Harrison Birtwistle |
Fotografía | Gerry Fisher |
Montaxe | John Victor-Smith |
Estudio | Tantallon |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 11 de xaneiro de 1973 2 de marzo de 2014 (TVG) |
Duración | 112 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Crime e drama |
Orzamento | 900 000 libras[1] |
Na rede | |
A ofensa (en inglés: The Offence) é un filme británico de 1973 dirixido por Sidney Lumet. Baséase na obra de teatro de 1968 This Story of Yours, de John Hopkins.[1] Está protagonizado por Sean Connery, no papel do detective Johnson, quen asasina ao sospeitoso de abuso sexual infantil Kenneth Baxter (Ian Bannen) mentres o está a interrogar. O filme explora os variados e agresivos intentos de Johnson de racionalizar o que fixo, revelando os seus verdadeiros motivos para matar ao sospeitoso nunha serie de flashbacks. Trevor Howard e Vivien Merchant aparecen nos papeis secundarios.
Estreouse subtitulado en galego o 2 de marzo de 2014 a través da TVG.[2]