Biografía | |
---|---|
Nacemento | Etiopía ![]() |
Educación | University College Dublin - ciencia cognitiva (2014–2015) Universidade de Bahir Dar (2002–2005) Open University ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ética da intelixencia artificial ![]() |
Ocupación | informática teórica, investigador en intelixencia artificial, científica cognitiva ![]() |
Sitio web | abebabirhane.com ![]() |
![]() ![]() |
Abeba Birhane é unha científica de orixe etíope que traballa na intersección dos sistemas adaptativos complexos, a aprendizaxe automática, o nesgo algorítmico e os estudos raciais críticos.
O traballo de Birhane con Vinay Prabhu descubriu que os conxuntos de datos de imaxes a grande escala utilizados habitualmente para desenvolver sistemas de IA, como ImageNet e 80 Million Tiny Images, contiñan etiquetas racistas e misóxinas e imaxes ofensivas.[1][2][3]
Foi recoñecida por VentureBeat como unha das principais innovadoras en visión por computador e nomeada como unha das 100 persoas máis influentes en IA 2023 pola revista Time.[4]