Acanthodactylus erythrurus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Acanthodactylus erythrurus' (Schinz, 1833) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Acanthodactylus erythrurus é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos,[2] que é endémica do noroeste africano e da Península Ibérica.[3] O seu nome científico significa "dedos con espiñas" (Acanthodactylus), polas espiñas que moitas especies do xénero teñen nos dedos das patas posteriores, que forman unha especie de peite, aínda que non son patentes nesta especie, e "de rabo vermello" (erythrurus), porque os individuos xoves teñen o rabo desa cor.
A. erythrurus vive na Península Ibérica (gran parte de España e unha parte de Portugal) e en Alxeria, Marrocos e parte de Tunicia.[1] Dentro do estado español escasea no norte, e en Galicia só pode verse ás veces no límite do país (non obstante, está incluído na Lista de réptiles de Galicia). O seu status para a IUCN é "pouco preocupante"[2]
Aínda que esta especie prefire rexións secas con vexetación escasa,[3] non está restrinxida a terreos áridos, e non é rara noutros ambientes con máis vexetación.[2]
A coloración deste lagarto e o patrón das súas manchas son extremadamente variables.[3] Como resultado, os zoólogos clasificaron ás veces as poboacións con esas variacións en especies distintas. Hainos de cor lisa, pero a maioría dos adultos son pardos ou grises con moitas liñas (ata 10) lonxitudinais e manchas. Os inmaturos teñen o rabo e as coxas vermellas, característica que pode permanecer nalgúns adultos. Na cabeza carecen de escama occipital e só teñen dúas supraoculares sobre cada ollo. A lonxitude media total dos adultos maduros sexualmente incluíndo o rabo é de 18 a 20 cm.[3]
Igual que outros membros do xénero Acanthodactylus, pode defenderse agresivamente e morder tenazmente cando o tratan de capturar. Implícanse continuamente en liortas con outros membros da súa especie e os machos defenden enerxicamente os límites dos seus territorios. A súa posición característica de repouso é coas patas anteriores ergueitas. Ten a capacidade de correr a gran velocidade.
A. erythrurus é ovípara.[2] O número de ovos nas súas postas varía de 3 a 7.
Recoñécense tres subespecies, incluíndo a subespecie nominotípica, que son:[1]