AccuWeather | |
---|---|
World's Weather Authority | |
Tipo | negocio |
Propósito | Previsión do tempo |
Data de fundación | 1962 |
Fundador(es) | Joel Myers |
Director/a | Barry Lee Myers |
Nº de empregados | 450 |
Persoas relacionadas | Barry Lee Myers |
Sede | State College |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.accuweather.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
AccuWeather é unha empresa estadounidense que ofrece servizos comerciais de predición do tempo en todo o mundo. Os provedores de análise web de terceiros Alexa e SimilarWeb clasificaron o sitio como o sitio web número 200 máis visitado dos Estados Unidos, en novembro de 2015.[1]
Foi fundada en 1962 por Joel N. Myers, un estudante da Universidade Estatal de Pensilvania, quen, naquel momento, estaba a traballar nunha licenciatura en meteoroloxía.[2] O seu primeiro cliente foi unha compañía de gas en Pensilvania. Mentres dirixía a súa empresa, Myers converteuse en membro da Facultade de Meteoroloxía da súa universidade. A compañía adoptou o nome de AccuWeather en 1971.
AccuWeather ten a súa sede en State College, Pensilvania, pero tamén ten oficinas no Severe Weather Center en Wichita, Kansas, pero tamén ten oficinas no World Trade Center 7 en Nova York, Pequín, Dublín, Montreal, Bombai, Oklahoma City, Seúl e Tokio.[3] En 2006, AccuWeather adquiriu WeatherData, Inc. de Wichita, Kansas.
AccuWeather baséase en diversas fontes para as súas previsións, incluíndo datos do Servizo Meteorolóxico Nacional dos Estados Unidos, organizacións internacionais, a Axencia de Protección Ambiental e forzas armadas, ademais dos seus propios modelos exclusivos. En 2020, a empresa solicitou entre 5 e 10 millóns de dólares en axudas por causa da pandemia de COVID-19 para manter a 462 empregados.[4] En 2021, tiñan case 500 empregados, con máis de 100 sendo meteorólogos operativos.[5]
En abril de 2012, AccuWeather limitou de maneira drástica a accesibilidade dos seus datos históricos públicos, pasando de 15 anos a só 1 ano. AccuWeather ampliou progresivamente o rango das súas previsións de 15 días a 90 días. Varias avaliacións concluíron que estas previsións hiperestendidas son, con frecuencia, enganosas e inexactas e os seus prognósticos mostráronse menos precisos que as baseadas nas medias do Servizo Meteorolóxico Nacional durante 30 anos. O consenso científico sostén que o límite fiábel para predicións meteorolóxicas está entre 1 e 2 semanas, dadas as limitacións dos sistemas de observación e a natureza caótica da atmosfera.[6]
A empresa foi criticada tamén por limitar avisos de eventos extremos como furacáns a usuarios premium, aínda que os datos meteorolóxicos son recollidos polo goberno e están dispoñíbeis gratuitamente no dominio público.[7]
En 2005, o senador Rick Santorum propuxo unha lexislación que limitaría o acceso público á información do Servizo Meteorolóxico Nacional, beneficiando potencialmente a empresas como AccuWeather. Aínda que non prosperou, Santorum recibira contribucións do presidente de AccuWeather.[8] En 2017, Donald Trump nomeou ao CEO de AccuWeather, Barry Myers, para dirixir a National Oceanic and Atmospheric Administration (NOAA). Myers, sen formación científica avanzada, renunciou a AccuWeather en 2019 e, posteriormente, renunciou ao seu nomeamento para a NOAA entre acusacións dun "ambiente laboral inapropiado".[9]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AccuWeather |