Axodinos | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Dictyochales/Silicoflagellata | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Os axodinos, Dictyochophyceae sensu lato, Actinochrysia ou Actinochrysophyceae, son un grupo de algas unicelulares heterocontófitas. Foron previamente clasificadas dentro de Chrysophyceae [2].
Esta clase inclúe aos pedinélidos, os silicoflaxelados e os rhizochromulinas [3].
Destacan por posuír un único e saínte flaxelo, que non ten unha estrutura basal como os dos grupos próximos, e que se estende ao longo dunha estrutura con forma de á, que a soporta unha estrutura tubular interna. Teñen tentáculos, ou axopodios, mantidos por triades de microtúbulos que van dende o núcleo celular á superficie celular.
Nesta orde atópanse os silicoflaxelados, que son especies de plancto mariño que forman esqueletos de silicio. Destacan, por ese exoesqueleto, no rexistro fósil.
A orde dos pedinélidos contén a meirande parte das especies de axodinos. Son especies de augas fluviais e mariñas. En xeral son sésiles e viven ancoradas no substrato por un talo posterior. Teñen un flaxelo na parte anterior da célula e tentáculos bordeándoo, o que lle permite cazar presas grazas ás correntes de auga.
A orde de rhizochromulinas está composta pola especie mariña ameboide Rhizochromulina marina. Agrúpase dentro dos axodinos pola estrutura das súas zoosporas. É filoxeneticamente máis próxima aos pedinélidos ca aos dictiocálidos.