Acusados | |
---|---|
Formato | Suspense |
Creado por | Xosé Morais Darío Madrona |
Intérpretes | Blanca Portillo Alejo Sauras Anna Allen Daniel Grao Mónica López José Coronado |
País de orixe | España |
Episodios | 26 (13 por tempada) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Jorge Redondo |
Duración | 70-90 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Telecinco |
Primeiro episodio | 28 de xaneiro de 2009 |
Derradeiro episodio | 22 de abril de 2010 |
Na rede | |
http://www.telecinco.es/acusados/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Acusados é unha serie de televisión producida por Ida y Vuelta (produtora doutros éxitos como Motivos personales), estreada en Telecinco o 28 de xaneiro de 2009 con discretos aínda que bos resultados de audiencia, batendo a súa propia marca nos 2 últimos capítulos, excedendo a barreira dos 3 millóns de espectadores.
A primeira tempada da serie estivo composta por 13 episodios. A segunda tempada estreouse o mércores 13 de xaneiro de 2010. A trama consiste nun novo caso no cal unha nena é a única testemuña dun asasinato. A protagonista segue sendo a xuíza Ballester[1] e conta con novas fichaxes como Alejo Sauras, Tamar Novas e Mónica López[2]. O último capítulo emitiuse o 22 de abril de 2010.
O incendio da discoteca Metrópolis será o punto de partida da investigación levada pola xuíza Rosa Ballester (Blanca Portillo). O seu principal sospeitoso, Joaquín de la Torre (José Coronado), un importante político do país, verase involucrado nunha trama de misterios, sospeitas e secretos, que lle levarán ao esborralle da súa reputación fronte ao seu partido político. Xunto ao seu fillo Alejandro de la Torre (Alberto Amarilla) e o seu avogado Ricardo Díaz (Aitor Mazo), intentarán saír do caso, pero a xuíza Ballester e o seu equipo, formado por Jorge Vega (Daniel Grao), Julio Almagro (Joseba Apaolaza) e Isabel Holgado (Isabel Serrano), non perderán nin un minuto en demostrar a culpabilidade do político no caso Metrópolis, descubrindo que o suceso non vira ao redor dun "simple" incendio, senón a ocultar nel o asasinato dunha moza, Ana Sánchez (Andrea Guasch). Terán que enfrontarse á noiva de Jorge, Laura (Silvia Abascal) e á irmá desta, a xornalista Sonia Nieto (Anna Allen), sen saber que todo o asunto salpicará ao círculo familiar da xuíza. As súas fillas Marina (Natalia Sánchez) e Patricia Domenech (Carla Nieto) serán a peza clave que permita a resolución do caso.
Tras a morte do xornalista Espinosa, a xuíza Ballester (Blanca Portillo) se cerne na investigación do seu asasinato. A filla de Espinosa, Alba, que se atopaba na escena do crime, podería ser moi útil é a resolución do caso, polo que Ballester e o seu equipo farán o posible por dar con ela. Joaquín de la Torre (José Coronado) volverá meterse no medio da investigación cando alguén que se fai chamar Job intentou matalo e agora mándalle cartas ameazadoras de forma anónima. Jorge Vega verase no punto de mira neste caso ao acharse as súas pegadas na escena do crime. Quen matou a Espinosa? Quen quere matar a Joaquín de la Torre? Quen é Job?
Capítulo | Nome | Data de emisión | Hora | Espectadores | Share | |
---|---|---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPADA | ||||||
El caso Metrópolis | ||||||
Diego Luque | ||||||
Secretos | ||||||
Jugar con fuego | ||||||
El informe Vila | ||||||
Fuera de control | ||||||
El sexto cadáver | ||||||
Laura | ||||||
Toda la verdad | ||||||
La clave | ||||||
Una cuestión de confianza | ||||||
La elección | ||||||
Justicia | ||||||
SEGUNDA TEMPADA | ||||||
El misterio de Job | ||||||
Cruce de caminos | ||||||
Principio de lealtad | ||||||
Busca y captura | ||||||
El punto de no retorno | ||||||
Cenizas | ||||||
El primero de la lista | ||||||
Luces y sombras | ||||||
El otro lado del espejo | ||||||
Contras las cuerdas | ||||||
Trampa letal | ||||||
El último de la lista | ||||||
El final del camino |