Adam RA-14 Loisirs | |
---|---|
Fabricante | Etablissements Aeronautiques R. Adam |
Deseñado por | Roger Adam |
Primeiro voo | 16 de marzo de 1948[1] |
Variantes | Falconar AMF-S14 |
O Adam RA-14 Loisirs foi un avión lixeiro de dúas prazas deseñado por Roger Adam pouco despois da segunda guerra mundial. Tivo influencia no deseño dos aeroplanos afeccionados franceses.
O Loisirs foi deseñado en maio de 1945 por Roger Adam e construído por Etablissements Aeronautiques R. Adam. Tratábase dun avión bipraza de tubo, madeira e tela apto para a que fose construído por afeccionados. Era un monoplno de á alta reforzada cun tren de aterraxe de cola reforzado. Os asentos estaban colocados un ao lado do outro.[2]
A compañía vendeu planos e fabricou partes do avión que podía ser equipado con varios motores de entre 65 e 80 cabalos. Entre eles incluíanse os motores Régnier 4D, Continental A65, Continental A75 e Continental C90.