(2024, Sarny Palace (en) ) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (50/51 anos) Shibli-Umm al-Ghanam, Israel (en) |
Residencia | Xerusalén Berlín |
Educación | Universidade de East London - estudos culturais (–2009) Universidade Hebrea de Xerusalén - comunicación, xornalismo (–2001) |
Actividade | |
Ocupación | docente (2005–2009), escritora, docente, visiting docent (en) , xornalista |
Xénero artístico | Social novel (en) , narración, ensaio e obra de teatro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Adania Shibli (árabe: عدنية شبلي ), nada en 1974,[1][2] é unha autora e ensaísta palestina.
Ten un doutoramento pola Universidade de East London en Estudos Culturais e de Medios. O título da súa tese foi Visual Terror: A Study of the Visual Compositions of the 9/11 Attacks and Major Attacks in the 'War on Terror' by British and French Television Networks (Terror visual: un estudo das composicións visuais dos ataques do 11 de setembro e os principais ataques na 'guerra contra o terrorismo' por cadenas de televisión británicas e francesas).[3]
É profesora na Universidade de Nottingham.[1]
A súa novela Tafṣīl Ṯānawī (Pequeno detalle) foi seleccionada para o LiBeraturpreis 2023 pola organización alemá LitProm. Baseada parcialmente en feitos históricos, a novela relata a violación e o asasinato dunha nena palestina en 1949 por parte de soldados israelís que foron condenados por un tribunal israelí. Orixinalmente, a cerimonia de entrega de premios na Feira do Libro de Frankfurt anunciouse para o 20 de outubro de 2023.[4] Uns días antes da data anunciada, LitProm cancelou a cerimonia na Feira do Libro e aprazouna a unha data non especificada en resposta ás protestas dos xornalistas alemáns que dixeron que a novela expresaba actitudes antisemitas. Ademais, o conflito israelo-palestino de outubro de 2023, os ataques de Hamas do 7 de outubro, foi citado como outro motivo da cancelación[5] e malia que os responsables da feira afirmaron que a decisión se tomara conxuntamente coa escritora, a axencia desta, negou ese acordo.[6][7] En resposta a isto, a Emirates Publishers Association e a Arab Publishers Association retiráronse da feira.[8][9]
A raíz da cancelación, máis de 1.000 autores e intelectuais, entre eles Colm Tóibín, Hisham Matar,[10] Kamila Shamsie, William Dalrymple e os premios Nobel Abdulrazak Gurnah, Annie Ernaux e Olga Tokarczuk,[7] criticaron a decisión da Feira do Libro de Frankfurt e manifestaron que a Feira tiña “a responsabilidade de crear espazos para que os escritores palestinos compartan os seus pensamentos, sentimentos e reflexións sobre a literatura nestes tempos terribles e crueis, non eliminalos”.[11][12]
En xuño de 2024 coincidindo coa súa presenza na SELIC de Compostela, os seus versos e os da poeta Nolwenn Korbel foron inscritos no ‘Xardín das pedras que falan", unha espiral de pedras gravadas con versos inéditos e fragmentos literarios de autores e autoras de procedencias e linguas diversas.[13]
|title=
(Axuda)