Adolfus africanus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adolfus africanus macho (foto de 1919) | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Adolfus africanus (Boulenger, 1906) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Adolfus africanus é unha especie de réptil escamoso da familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das seis incluídas no xénero Adolfus.
É endémica da África subsahariana.
A especie foi descrita en 1906 polo biólogo belga, nacionalizado británico, George Albert Boulenger,[2] no seu traballo:
Para a do xénero, ver Adolfus.
O epíteto específico, africanus, alude á súa área de distribución.
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
Adolfus africanus ten unha área de distribución disxunta na zona de bosques húmidos da África Central, encontrándose en Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Sudán do Sur, Uganda, Ruanda, o oeste de Kenya e o extremo norte de Zambia.[3]
Parece estar ausente da conca central do río Congo. Asóciase a bosques primarios e probablemente non tolera a deforestación.
É probábel que esta especie sexa sensible á deforestación, e probablemente non sexa capaz de persistir ou recolonizar o crecemento secundario que caracteriza os bosques sucesivos posteriores á explotación forestal.[4] Sudán do Sur perdera case o 40 % da súa cobertura orixinal en 2006, debido ao rozamento con fins do aproveitamento de novas terras agrícolas; os bosques remanentes tamén son susceptíbeis ao corte masivo de bosque debido á presenza de especies madeirábeis valiosas, incluída a caoba. Non está claro se esta especie sobrevive en Entebbe (cidade ugandesa á beira do lago Victoria), a súa localidade tipo.[5]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especia como LC (pouco peocupante) porque se atopa nunha área moi ampla de África Central, polo que, aínda que só se coñece un número limitado de localidades e está limitada a ameazas forestais esencialmente inalteradas, é probabel que actualmente se localicen.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolfus africanus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Adolfus africanus |