Aequipecten Rango fósil: Triásico (hai 247,2 Ma.) – Actualidade [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cuncha de Aequipecten opercularis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Aequipecten é un xénero de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, subfamilia dos pectininos e tribo dos equipectininos,[2] da que é o seu xénero tipo.
O xénero foi descrito en 1886 por Paul Henri Fischer,[2] médico, paleontólogo e zoólogo francés especializado en malacoloxía, no seu traballo:
O nome científico Aequipecten está formado polos elementos Aequi- e -pecten. O primeiro e o xenitivo do nominativo masculino singular do adxectivo latino æquus, -a, -um, "igual", e o segundo deriva no nome do xénero Pecten, aludindo é súa semellanza con este.
Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
Na actualidade (2022) recoñécense no xénero as seguintes especies:[2]
As especies deste xénero teñen as valvas máis ou menos desiguiais, pleurotécticas (coa valva dereita abaixo), viven libres suxeitas ao substrato por un biso. Cuncha de perfil cricular, con costelas radiais, e con expansións a modo de "ás" (orellas) no bordo do peche entre as valvas, unidas por un ligamento cunha cartlaxe central. O interior das valvas é aporcelanado.[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aequipecten |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aequipecten |