Aeroporto de Almería Aeropuerto de Almería
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario/Operador | AENA | ||
Cidade/Illa | Almería | ||
Elevación (msnm) | 21 metros / 68 pés | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07/25 | 3 200 | 10 498 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 1 007 446 | ||
Aumento pasaxeiros | 9,5% | ||
Operacións | 12 218 | ||
Aumento operacións | 4,1% | ||
Carga (ton.) | 2 | ||
Aumento carga | 93,6% | ||
Fonte: AENA[1] |
O Aeroporto de Almería é un aeroporto xestionado por Aena, situado ao leste da cidade de Almería (España), a uns 9 quilómetros do centro. O aeroporto atópase próximo tamén aos principais núcleos turísticos da provincia como son o Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar, El Ejido, Mojácar, Almerimar, Roquetas de Mar ou Vera.
En 2009 viaxaron polo aeroporto 791 830 pasaxeiros, cun descenso do 22,7% con respecto ás cifras de 2008; e houbo un total de 15 391 operacións de aeronaves, un 15,8% menos que o ano anterior. Tamén pasaron polo aeroporto de Almería un total de 16 328 toneladas de carga, ua perda do 23,8% con respecto a 2008.[2]
O Aeroporto Internacional de Almería é o cuarto en importancia de Andalucía. Conta con voos nacionais e internacionais, con destinos como Madrid, Barcelona, Melilla, Londres, Bruxelas e cidades alemás, británicas e do ámbito da Unión Europea.