Aeroporto de Wellington Wellington International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Wellington International Airport Ltd | ||
Cidade/Illa | Wellington | ||
Elevación (msnm) | 13 metros / 42 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
16/34 | 2 081 | 6 827 | betume acalanado |
Estatísticas (2016-2017) | |||
Pasaxeiros | 6 049 194[1] |
O aeroporto internacional de Wellington (IATA: WLG, OACI: NZWN), anteriormente coñecido como aeroporto de Rongotai, é un aeroporto situado no suburbio de Rongotai da cidade de Wellington, a capital de Nova Zelandia. Atópase a 5,5 quilómetros ao sueste do centro da cidade. É un centro de conexións para Air New Zealand e as súas subsidiarias. Wellington International Airport Limited, unha empresa conxunta formada entre Infratil e o Consello da cidade de Wellington, opera o aeroporto.
Wellington é o terceiro aeroporto máis concorrido de Nova Zelandia (despois de Auckland e Christchurch) sendo usado por un total de 6 049 194 pasaxeiros no ano que rematou o 31 de marzo de 2017.[1] O aeroporto, ademais de unir moitos destinos de Nova Zelandia con aeroliñas nacionais e rexionais, tamén ten voos cara a grandes cidades no leste de Australia. É tamén fogar dalgúns pequenos negocios de aviación xeral, incluído o Aero Club de Wellington.
O aeroporto ocupa unha superficie de 110 hectáreas[2] nunha pequena parte do istmo de Rongotai, un tramo de terras baixas entre o propio Wellington e a peníncula de Miramar. Ten unha única pista de 2 081 metros con ILS en ámbalas dúas direccións.
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air Chathams | Chatham Islands |
Air New Zealand | Auckland, Christchurch, Dunedin, Melbourne, Queenstown, Sydney Estacional: Nadi |
Air New Zealand Link operado por Air Nelson |
Blenheim, Christchurch, Gisborne, Hamilton, Invercargill, Napier, Nelson, New Plymouth, Palmerston North, Rotorua, Tauranga, Timaru |
Air New Zealand Link operado por Mount Cook Airline |
Christchurch, Dunedin, Hamilton, Napier, Nelson, New Plymouth, Queenstown, Tauranga |
Fiji Airways | Nadi[3] |
Golden Bay Air | Takaka[4] |
Jetstar Airways | Auckland, Christchurch, Dunedin,[5] Gold Coast |
Jetstar Airways operado por Eastern Australia Airlines |
Nelson[6] |
Qantas operado por Jetconnect |
Melbourne, Sydney |
Singapore Airlines | Canberra, Singapur |
Sounds Air | Blenheim, Nelson, Picton, Taupo,[7] Westport |
Tauck Tours operado por Alliance Airlines |
Chárter: Auckland, Blenheim[8][9] |
Virgin Australia | Brisbane |