Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1909 París, Francia |
Morte | 10 de agosto de 1964 (54 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Educación | Escola de Belas Artes da Universidade Federal do Rio de Janeiro (pt) |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, pintor, urbanista |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рейди Афонсу Эдуарду) |
Affonso Eduardo Reidy, nado en París o 26 de outubro de 1909 e finado en Río de Xaneiro o 10 de agosto de 1964, foi un arquitecto francés que se viviu no Brasil. Reidy formou parte dunha xeración de arquitectos liderados por Lúcio Costa, que modificaron e modernizaron a arquitectura brasileira. Dita renovación é denominada o "período heroico", e tivo un grande impacto na arquitectura contemporánea brasileira.[1]
Reidy foi un dos arquitectos que desenvolveu o proxecto do albergue de Boa Vontade. Foi arquitecto xefe de Río de Xaneiro, e baixo a súa dirección en 1932, realizouse o desmonte do morro Santo Antonio. Entre as súas obras cóntanse o enterramento da avenida Beira-Mar, o túnel Rio-Comprido-Lagoa, o Museo de Arte Moderna e o edificio da policía municipal.[2]
Traballou como profesor de urbanismo na Facultade Nacional de Arquitectura. En 1954 proxecta o Museo de Arte Moderna de Río de Xaneiro, obra de concepción estrutural vangardista.
Primeiro premio da exposición da Primeira Bienal de São Paulo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Affonso Reidy |