Afrihili El-Afrihili | ||
---|---|---|
Creado por: | K. A. Kumi Attobrah | 1970 |
Emprego e uso: | Lingua auxiliar internacional | |
Total de falantes: | ||
Categoria (propósito): | Lingua artificial para ser usada en África | |
Categoria (fontes): | Principalmente suahili e akan | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | afh | |
ISO 639-3: | afh
| |
Mapa | ||
Status | ||
O afrihili (Ni Afrihili Oluga 'a lingua afrihili') é unha lingua artificial deseñada en 1970 por K. A. Kumi Attobrah (Kumi Atɔbra) para ser usada como lingua franca en toda África. O nome da lingua provén da combinación de África con suahili. O seu creador, nativo de Akrokerri (Akrokɛri), Ghana, concibiu a idea orixinalmente en 1967 durante unha viaxe de Dover a Calais. A súa intención era "promover a unidade e o entendemento entre os diferentes pobos do continente, reducir custos debido a traducións e promover o comercio". Foi creada de tal xeito que fose fácil de aprender por africanos.
O afrihili toma a súa fonoloxía, morfoloxía e sintaxe de varias linguas africanas, particularmente do suahili e o akan. O léxico provén de lingua africanas, como tamén doutras moitas fontes dalgún xeito "africanizadas" para non parecer estranxeiras, aínda que o seu creador non indica ningunha etimoloxía. Aínda así, a semántica aseméllase bastante ao inglés, quizais pola forte influencia deste no suahili e o akan escritos.
A lingua emprega o alfabeto latino máis dúas vogais a maiores, ⟨Ɛ ɛ⟩ e ⟨Ɔ ɔ⟩, que se empregan nas linguas de Gana e no IPA, ɛ e ɔ. Os nomes estranxeiros escríbense foneticamente no canto de coa ortografía orixinal, así, por exemplo, 'Hastings' é Hestins. Posúe dous dígrafos, ⟨ch⟩ e ⟨sh⟩, que teñen a súa correspondencia no inglés e no suahili, tʃ e ʃ. J e y pronúncianse como dʒ e j. Ng non é dígrafo, como no inglés finger, [ŋɡ].
Non posúe tons. O acento atópase na penúltima vogal. Os signos de admiración póñense no comezo da frase, mentres que os de interrogación van ao final.