After: Amor infinito | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | After Ever Happy |
Director | Castille Landon |
Produtor |
|
Guión | Sharon Soboil |
Baseado en | After Ever Happy de Anna Todd |
Intérpretes | |
Música | George Kallis |
Fotografía | Rob Givens Joshua Reis |
Montaxe | Morgan Halsey |
Estudio |
|
Distribuidora | Voltage Pictures |
Estrea | Londres: 10 de agosto de 2022 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Romance |
Recadación | 18,8 millóns de dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
After: Amor infinito[1] (en inglés: After Ever Happy; nalgúns países estreouse como After Ever After ou After Forever) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Castille Landon a partir dun guión de Sharon Soboil. Baséase na novela homónima de 2015 de Anna Todd, e é a secuela de After We Fell, sendo o cuarto filme da serie After. Está protagonizado por Josephine Langford e Hero Fiennes Tiffin, que retoman os seus papeis como Tessa Young e Hardin Scott respectivamente.[2]
Estreouse dobrado e subtitulado en galego o 1 de xaneiro de 2023 a través da plataforma de Amazon Prime Video.[3]