Agustín Fernández Mallo, nado na Coruña en 1967, é un físico e escritor galego asentado en Palma de Mallorca.
Autor de máis dunha vintena de obras, entre novelas, ensaios, poesías e outro tipo de narrativa. É un dos membros máis destacados da chamada Xeración Nocilla, Xeración Mutante ou Afterpop, cuxo nome máis popular provén do título dunha serie das súas novelas. A súa obra foi traducida a unha ducia de idiomas.
Licenciado en física pola Universidade de Santiago, desenvolve o seu labor profesional nese campo, pero é coñecido pola súa traxectoria literaria. Traballou como físico no campo da radiación ionizante nuclear aplicada á medicina. Colaborou en diversas revistas culturais así como nos xornais El País, El Mundo e La Vanguardia. Colabora en revistas culturais españolas, como Lateral ou Contrastes. Xunto a Eloy Fernández Porta, mantén o dúo de fala oral chamado Afterpop, Fernández&Fernández.
No ano 2000 acuñou o termo poesía pospoética, que posteriormente se formalizaría no ensaio Postpoesía -no que tamén indagou nas conexións entre arte e ciencia-, e cuxa proposta práctica constitúe os poemariosYo siempre regreso a los pezones y al punto 7 del Tractatus, Creta lateral Travelling –Premio Café Mon 2005–, a performance-colección de poemas de Joan Fontaine Odisea [mi deconstrucción] y Carne de píxel. Con Juan Feliu forma o dúo musical Frida Laponia, que en 2012 gravou o CD Pacas go downtown. Fernández Mallo tamén rodou unha serie de curtametraxes (entre 2 e 9 minutos).
Os seus libros, escritos en castelán, aínda non foron traducidos ao galego.
- Yo siempre regreso a los pezones y al punto 7 del Tractatus (2001).Edición persoal, (reeditada por Alfaguara, Madrid, 2012).
- Creta, lateral travelling (2004). La Guantera. E Editorial Sloper, 2009.
- Joan Fontaine Odisea (mi deconstrucción) (2005). La Poesía, señor hidalgo.
- Antibiótico, poema único de 100 páxinas, escrito en 2005 e publicado en 2006;. Despois en Visor, Madrid, 2012.
- Carne de píxel (2008). DVD Ediciones.
- Ya nadie se llamará como yo + Poesía reunida (1998 - 2012) (2015). Seix Barral.
- Nocilla Dream (2006). Editorial Candaya
- Nocilla Experience (2008).Alfaguara.
- Nocilla Lab (2009). Alfaguara. Remata cunha historieta debuxada por Pere Joan
- Proyecto Nocilla (2013). Alfaguara. Reúne Nocilla dream, Nocilla experience e Nocilla lab, con Nota final de Julio Ortega.
- Limbo (2014). Alfaguara.
- Trilogía de la guerra (2018). Seix Barral.
- El libro de todos los amores (2022 ). Seix Barral.
- Madre de corazón atómico (2024). Seix Barral. Unha'memoir' que gravita arredor do alzhéimer de seu pai.[1]
- Postpoesía. Hacia un nuevo paradigma (2009). Editorial Anagrama.
- Teoría general de la basura (cultura, apropiación, complejidad) (2018).Editorial Galaxia Gutenberg.
- Wittgenstein, arquitecto: (el lugar inhabitable) (2020). Editorial Galaxia Gutenberg.
- La mirada imposible (2021).Wunderkammer.
- La forma de la multitud (capitalismo, religión, identidad) (2023). Galaxia Gutenberg.[2]
- Primeiro premio Café Món por Creta, lateral travelling.
- Nocilla Dream, mellor novela en castelán do ano por Quimera, e para a crítica a 4.º novela en español máis importante da década (2000-2010).
- Nocilla Dream, unha das dez mellores novelas de 2006 segundo o suplemento El Cultural, de El Mundo.
- Premio de Poesía Ciudad de Burgos 2007 por Carne de píxel.
- Nocilla Experiencie foi nomeada a mellor novela de 2008 por La 2 de Televisión Española.[3]
- Finalista do Premio Anagrama por Postpoesía. Hacia un nuevo paradigma.
- Nocilla Lab segundo o suplemento Babelia foi a 3.ª novela en español máis importante de 2009.
- Gañador do Premio Biblioteca Breve, que concede a editorial Seix Barral, coa novela Trilogía de la guerra.
- Ganador do Premio Cálamo 'Extraordinario 2018' polo conxunto da súa obra.
- English PEN Award 2021 por Trilogía de guerra, (The Things We´ve Seen en inglés).[4]
- Gañador do Premio Europeo de Literatura 2022 polo Proyecto Nocilla.
- I Premio de Ensayo Eugenio Trías, por La forma de la multitud (2022).
- Mellor Novela Internacional 2022, Trilogia Della Guerra en italiano, por L´Indiscreto.[5]