Agustín de Spínola Basadone, tamén coñecido como Agostino Spínola[1], nado en Xénova en 1597 e finado en Sevilla o 12 de febreiro de 1649, foi un eclesiástico italiano e home de estado ao servizo de Filipe IV.
Segundo fillo de Ambrosio Spínola, foi educado en España, onde na súa infancia serviu como meniño da raíña Margarida de Austria. Estudou na Universidade de Salamanca e na de Alcalá.[2]
Creado cardeal de San Cosme e San Damián en 1621, bispo de Tortosa dous anos despois, camarlengo do Colexio Cardinalicio en 1632, arcebispo de Granada, de Santiago de Compostela, conselleiro de estado desde 1638,[3] gobernador de Galicia durante un breve período en 1643 e arcebispo de Sevilla.[4]
Predecesor: Luis de Tena |
Bispo de Tortosa 1623 - 1626 |
Sucesor: Justino Antolínez de Burgos |
Predecesor: Galcerán Albanell |
Arcebispo de Granada 1626 - 1630 |
Sucesor: Miguel Santos de San Pedro |
Predecesor: José González Villalobos |
Arcebispo de Santiago 1630 - 1645 |
Sucesor: Fernando de Andrade y Sotomayor |
Predecesor: Frey Martín de Redin Cruzat y Esparza |
Capitán Xeneral de Galicia 1643 - 1644 |
Sucesor: Enrique Pimentel Enríquez de Guzmán |
Predecesor: Gaspar de Borja y Velasco |
Arcebispo de Sevilla 1645 - 1649 |
Sucesor: Domingo Pimentel de Zúñiga |