(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1986 (38 anos) Reus, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz |
Período de actividade | 2002 - |
Sitio web | aidafolch.com |
|
Aida Benítez Folch, nada en Reus (Tarragona) o 24 de novembro de 1986, coñecida como Aida Folch, é unha actriz española.
Desde pequena cursaba teatro na escola nunha compañía chamada Llop's teatre como actividade extraescolar. Tamén os sábados estudaba interpretación no centre de Lectura de Reus. Alí descubriría que a súa paixón era actuar. En 1998 apuntouse nunha axencia de publicidade onde viaxaba de Reus a Barcelona para facer audicións para anuncios de televisión, pero a súa primeira oportunidade chegoulle no ano 2000, cando foi a elixida entre 3 000 nenas de todo o país para protagonizar a produción española El embrujo de Shangai, do gañador do Óscar Fernando Trueba. Tiña catorce anos e pouco tempo despois Fernando León de Aranoa elíxea tamén para a premiada película Os luns ó sol.
Despois intervén en Aquitania, La mirada violeta, Fin de curso, Salvador, Las vidas de Celia e 25 kilates, entre outras. Tamén traballa en telefilmes como Con el 10 en la espalda, Inocentes, No estás sola, Sara, Morir en 3 actes ou Volveremos. En 2008 dáse a coñecer co personaxe de Françoise na exitosa serie Cuéntame cómo pasó.
Traballou no estranxeiro coa superprodución histórica Henri 4, un filme alemán de Jo Baier e en Mi universo en minúsculas, unha produción mexicana.
En 2012 protagoniza El artista y la modelo, de Fernando Trueba, unha película rodada integramente en francés onde traballa con Jean Rochefort e Claudia Cardinale.
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor interpretación feminina protagonista | El artista y la modelo | Pendente |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aida Folch |