Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1976 ![]() Canadá ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico ![]() |
Período de actividade | 1996 ![]() |
Xénero artístico | Post-rock ![]() |
Instrumento | Batería ![]() |
Selo discográfico | Kranky Constellation Records ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Aidan Girt é un batería canadense que toca nos colectivos de post-rock baseados en Montreal Godspeed You! Black Emperor e Exhaust. Tamén toca como artista de música electrónica en solitario baixo os nomes OSB, 1-Speed Bike e Bottleskup Flenkenkenmike.
No ano 1994 Girt cofundou Godspeed You! Black Emperor,[1][2] e leva sendo o seu batería dende entón ata o presente.
Girt, xunto con Gordon Krieger e Mike Zabitsky, formou o grupo Exhaust a mediados dos anos 90. A banda actuou en Montreal durante un curto período de tempo e publicou un sinxelo en 1996. En 1998 publicaron o seu álbum de estrea, Exhaust, e en 2001 o seu segundo álbum de estudio, Enregistreur.[3][4]
Girt tocou a batería como músico invitado no primeiro álbum da banda A Silver Mt. Zion, He Has Left Us Alone but Shafts of Light Sometimes Grace the Corner of Our Rooms..., publicado en 2000.
Como 1-Speed Bike Girt editou numerosos álbums e EPs en solitario, incluído El Gallito en 2003.[5]
En 2019 Grit comezou a publicar música xunto co guitarrista Eric Quach baixo o nome Some Became Hollow Tubes.