Air Arabia Maroc | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA 3O | OACI MAC | Indicativo AIR ARABIA MAROC |
Fundación | abril de 2009 | |
Inicio das operacións | maio de 2009 | |
Frota | 7 | |
Destinos | 34 | |
Holding | Air Arabia | |
Páxina web: http://www.airarabia.com |
Air Arabia Maroc (árabe: العربية للطيران المغرب) é unha aeroliña de baixo custo marroquí, creada como unha empresa conxunta entre varios investidores marroquís e Air Arabia.[1] A súa sede atópase na terminal de chegadas do aeroporto de Casablanca-Mohammed V, na provincia marroquí de Nouaceur.
Air Arabia Maroc fundouse como unha sociedade entre Air Arabia, Regional Air Lines e Ithmaar Bank. A aeroliña lanzouse oficialmente o 29 de abril de 2009[2] e comezou as súas operacións o 6 de maio do mesmo ano,[1] cun voo entre Casablanca e Londres-Stansted.[3][4] Baseada en Casablanca, os seus primeiros destinos foron Bruxelas, Londres, Marsella, Milán e París.
En outubro de 2017 a frota de Air Arabia Maroc estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 8 | — | 162 | |||
168 | ||||||
Total | 8 | — |