Ajin | |
---|---|
亜人 (Ajin) | |
Manga Ajin | |
Creado por | Gamon Sakurai |
Editor | good! Afternoon |
Publicado en | Kodansha |
Primeira edición | 6 de xullo de 2012 |
Última edición | 5 de febreiro de 2021 |
Núm. de volumes | 17 |
Anime Ajin | |
Dirixido por | Hiroyuki Seshita |
Estudio | Polygon Pictures |
Canle televisiva | Netflix (streaming) Sentai Filmworks (vídeo) |
Primeira emisión | 16 de xaneiro de 2016 |
Última emisión | 24 de decembro de 2016 |
Núm. de capítulos | 26 |
Filmes | |
Ajin Part 1: Shōdō (27 de novembro de 2015) |
Ajin (亜人 Ajin?) é un manga xaponés escrito e ilustrado por Gamon Sakurai. Foi adaptado a unha triloxía de filmes anime por Polygon Pictures entre novembro de 2015 e setembro de 2016. Unha adaptación a anime emitiuse nunha primeira temporada entre xaneiro e abril de 2016 e a segunda entre o 8 de outubro e o 24 de decembro de 2016.
Conta a historia dun estudante xaponés chamado Kei Nagai (永井 圭 Nagai Kei?), quen descobre é un inmortal "Ajin" cando é atropelado por un camión. Dende ese intre, convértese nunha persoa moi buscada porque os ajin son considerado seres inhumanos perigosos. A única persoa que o apoia é o seu amigo de infancia, Kaito. O goberno, que di buscar ós ajin para axudalos a vivir nun ambiente seguro, en realidade está utilizándoos en experimentos crueis e inhumanos. Como resultado, os ajin que fuxiron dos experimentos buscan vinganza contra o goberno.