Alberto Quiles

Modelo:BiografíaAlberto Quiles
Nome orixinalAlberto Quiles Piosa
Biografía
Nacemento27 de abril de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Huelva, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,88 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Recreativo de Huelva

Alberto Quiles Piosa, nado en Huelva o 27 de abril de 1995, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Albacete, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas canteiras do Recreativo de Huelva e Celta de Vigo. En xullo de 2014 chegou ao Córdoba CF, sendo asignado ao filial da Segunda División B.[1]

Debutou con este o 7 de setembro de 2014 nunha vitoria por 1-0 contra o Granada B. O 30 de xaneiro seguinte, foi cedido ao Marbella FC ata xuño.[2] Disputou 11 encontros e marcou catro goles.

Ao volver da cesión anotou 22 goles na campaña 2015-16, na que o seu equipo logrou regresar a Segunda B. Debutou co primeiro equipo do Córdoba o 20 de novembro de 2016, entrando como substituto de Alejandro Alfaro nun empate a un gol contra o Mirandés no campionato de Segunda División.[3]

En xullo de 2017 foi ascendido definitivamente ao cadro de xogadores do primeiro equipo para a tempada 2017/18.[4] Con todo, o 1 de agosto foi cedido ao UCAM Murcia CF por un ano.[5] Xogou 22 encontros co equipo murciano, marcando cinco goles.

Foi recuperado para o equipo cordobés en xaneiro de 2018,[6] pero durante o resto da tempada xogou principalmente co filial. En agosto foi cedido novamente, esta vez ao Recreativo de Huelva.[7] Co club decano acabou como campión do seu grupo pero sen conseguir ascender a Segunda ao perder na promoción contra o Mirandés.

En xullo de 2019 desvinculouse do Córdoba e asinou un contrato co Recreativo, no que militou ata 2021.[8] Nas súas tres tempadas no club disputou 89 partidos e marcou 23 goles.

O 12 de xuño de 2021 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, para disputar a nova Primeira División RFEF.[9] Debutou no primeiro partido da tempada, marcando o segundo dos cinco goles do equipo fronte ao Celta B en Riazor (5-0).[10] Titular indiscutible na dianteira coruñesa, pechou a súa primeira tempada como branquiazul con 22 goles, 18 deles na liga regular, sendo o máximo goleador do Grupo I e o segundo de toda a categoría só por detrás do xogador do Barcelona B Ferran Jutglà. Converteuse así no máximo goleador do Deportivo da Coruña nunha tempada dende Roy Makaay dúas décadas antes.[11] Marcou dous goles nas semifinais da promoción de ascenso ante o Linares, pero o seu equipo caeu na final ante o Albacete, continuando así un ano máis en Primeira RFEF.

Na seguinte campaña anotou 16 goles, sendo o terceiro máximo anotador da categoría, por detrás de Rodri Ríos e Arribas, a pesar de perder varios partidos por unha dobre fractura na cara, o que o obrigou a unha operación cirúrxica e a xogar con máscara tralo seu regreso. Outra lesión, esta de xeonllo, impediulle disputar a promoción de ascenso, na que o Deportivo volveu quedar eliminado.[12] O seu gran rendemento no Deportivo fixo que recibise ofertas de superior categoría, e no verán de 2023 aceptou a súa fichaxe polo Albacete, de Segunda División.[13] Deixou o club galego cun total de 72 partidos e 38 goles.

Debutou co equipo castelanomanchego na primeira xornada da tempada, ante o Espanyol, saltando á herba do Carlos Belmonte na segunda parte como substituto de Higinio e logrando o gol do empate no tempo engadido (1-1).[14]

  1. "Alberto Quiles jugará en Segunda B con el filial del Córdoba" (en castelán). 24 de xullo de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  2. "Alberto Quiles, del Córdoba B, delantero sub 23 para el Marbella FC" (en castelán). 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  3. "Mirandés y Córdoba firman un empate que no le sirve a ninguno". Marca (en castelán). 20 de novembro de 2016. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  4. "Novedades en la plantilla 17-18" (en castelán). 4 de xullo de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  5. "Cesión de Alberto Quiles" (en castelán). 1 de agosto de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  6. "Alberto Quiles regresa al Córdoba Club de Fútbol" (en castelán). 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  7. "Comunicado oficial" (en castelán). 23 de agosto de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  8. "Quiles, nuevo jugador del Decano" (en castelán). 13 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2021. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  9. "Quiles, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 12 de xuño de 2021. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  10. "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  11. De la Cruz, Luis (5 de xuño de 2022). "Quiles entra en el selecto grupo de los 20 goles con el Depor". As (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2023. 
  12. "Alberto Quiles, casi recuperado de su lesión" (en castelán). 21 de xullo de 2023. Consultado o 13 de agosto de 2023. 
  13. "El Albacete cautiva a Alberto Quiles con una oferta de más de 400.000€" (en castelán). 24 de xuño de 2023. Consultado o 13 de agosto de 2023. 
  14. "Un gol en el añadido amarga el debut del Espanyol en Segunda". La Vanguardia (en castelán). 13 de ago. de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]