Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1931 São Paulo, Brasil |
Morte | 26 de novembro de 2023 (92 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia cultural |
Ocupación | escritor, político, diplomático, historiador, poeta |
Membro de | |
Premios | |
| |
Alberto Vasconcellos da Costa e Silva, nado en São Paulo o 12 de maio de 1931, é un diplomático, poeta, ensaísta, memorialista e historiador brasileiro.
É fillo do poeta Antônio Francisco da Costa e Silva e de Creusa Fontenelle de Vasconcellos da Costa e Silva.[1]
Formado polo Instituto Río Branco en 1957,[2] Alberto da Costa e Silva serviu como diplomático en Lisboa, Caracas, Washington, Madrid e Roma, antes de ser embaixador na Nixeria e no Benim, en Portugal, na Colombia e no Paraguai.
Foi embaixador en Lisboa de 1989 a 1992, en Bogotá de 1992 a 1994 e en Asunción até 1995.
Foi elixido para a cadeira 9 da Academia Brasileira de Letras, en 27 de xullo de 2000. Foi presidente da entidade os anos de 2002 e 2003. En 2004 foi escollido pola Unión Brasileira de Escritores (UBE) como o "Intelectual do Ano". Alberto da Costa e Silva é, tamén, académico correspondente da Academia das Ciencias de Lisboa.
Doutor Honoris Causa en Letras pola Universidade Obafemi Awolowo (ex-Universidade de Ifé), de Nixeria, en 1986, e en Historia pola Universidade Federal Fluminense, en 2009, e pola Universidade Federal da Bahia, en 2012.[3]
Casado con Vira Queiroz da Costa e Silva, tradutora premiada pola tradución de O Mundo se Despedaça de Chinua Achebe.
En 2014 recibiu o Premio Camões polo conxunto da súa obra.[4]
do Infante D. Henrique]] de Portugal (28 de febreiro de 1961)