Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 2004 ![]() Ripoll, España ![]() |
Altura | 170 cm ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Centrocampista ![]() |
![]() ![]() |
Aleix Garrido Cañizares, nado en Ripoll o 22 de febreiro de 2004, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.
Ingresou na canteira do FC Barcelona en 2012, con 8 anos, e foi subindo por todas as categorías inferiores do club.[1][2] O 9 de xaneiro de 2022 debutou co filial na Primeira División RFEF, nun partido ante o Betis Deportivo, e marcou o único gol do seu equipo, que perdeu o encontro por 1-2.[3] Durante esa campaña e a seguinte continuou compaxinando o Barcelona Atlètic co xuvenil, co que gañou unha Copa de Campións.
O 1 de marzo de 2023 recibiu a súa primeira convocatoria co primeiro equipo do Barcelona, para un partido da Primeira División contra o Elche no Martínez Valero. Nos minutos finais de encontro, co marcador reflectindo unha vitoria barcelonista por 0-4, Xavi deulle entrada ao terreo de xogo como substituto de Ansu Fati.[1][4] Estivo no banco tamén nas seguintes tres xornadas do campionato de liga, competición que acabou conquistando o Barcelona.
Foi seis veces internacional coa selección española sub-19.