Alex Maurice Acker, nado o 21 de xaneiro de 1983 en Compton (California) é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 1,96 metros e 84 kg xoga na posición de escolta.
Acker era alumno da Universidade de Pepperdine e foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA no 2005 polos Detroit Pistons. Foi asignado á D-League para os Fayetteville Patriots o 27 de febreiro de 2006. Na tempada 2006-2007 fichou polo Olympiakos da Liga Grega, equipo co que acadou 16.5 puntos e 7.5 rebotes na Euroliga e 11 puntos e 3.5 rebotes na liga Helena.
En agosto de 2007 fichou polo AXA FC Barcelona, para ser o substituto de Juan Carlos Navarro. Pese a que realizou unha tempada bastante irregular, nos playoffs tivo grandes actuacións, especialmente ante o Iurbentia Bilbao. Non obstante, o feito dos seus problemas co xeonllo, así como a volta de Navarro a Barcelona, fixeron que o club azulgrana non executase a opción de renovación do seu contrato. [1]
A tempada 2008-09 volta á NBA asinando un contrato polos Detroit Pistons, equipo no que xa militara con anterioridade a súa "etapa" en Europa.[2]
A tempada seguinte, a mediados do mes de febreiro, os Pistons traspasan o xogador xunto a unha segunda elección na 2ª rolda do draft do 2011 a cambio dunha elección na 2ª rolda do draft do 2013 a Los Angeles Clippers, nun movemento no que Detroit pretendía situarse por debaixo do tope salarial para non ter que pagar o imposto de luxo.[3] En agosto de 2009 volta a Europa sendo contratado polo Olimpia Milano.