Alfaguara | |
---|---|
Tipo | editorial |
Área de operación | España e Hispanoamérica |
Data de fundación | outubro de 1964 |
Fundador(es) | Jesús Huarte Beaumont e Camilo José Cela |
Premios | Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A editorial Alfaguara é unha editorial española que edita fundamentalmente narrativa e libros infantís e xuvenís. Foi fundada en 1964 polo escritor galego Camilo José Cela, onde publicou algunhas das súas obras e as de moitos escritores do momento. En 1980, a editorial é comprada polo Grupo Santillana, e desde 2014 é propiedade do grupo editorial Penguin Random House. Dende aquela é un referente da literatura infantil e xuvenil, pois nela publicaron autores como Jordi Sierra i Fabra, Alfredo Gómez Cerdá, Laura Gallego García, Elvira Lindo, Fernando Lalana e Joan Manuel Gisbert, entre outros.