Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1886 hora |
Morte | 20 de novembro de 1959 (73 anos) Bogotá, Colombia |
Lugar de sepultura | Cemiterio Central de Bogotá |
16º Presidente de Colombia | |
7 de agosto de 1942 – 7 de agosto de 1946 ← Eduardo Santos Montejo (pt) – Mariano Ospina Pérez (pt) → | |
Ambassador of Colombia to the United Kingdom (en) | |
Datos persoais | |
Educación | London School of Economics |
Actividade | |
Ocupación | Palace janitor (en) , diplomático, xornalista, economista, político |
Partido político | Partido Liberal Colombiano |
Familia | |
Cónxuxe | María Michelsen de López |
Fillos | Alfonso López Michelsen |
Pais | Pedro A. López e Rosario Pumarejo |
Irmáns | Miguel López Pumarejo |
Alfonso López Pumarejo, nado en Honda o 31 de xaneiro de 1886 e finado en Londres o 20 de novembro de 1959, foi un empresario e político colombiano, presidente de Colombia nos períodos de 1934—1938 e 1942—1945 polo Partido Liberal.
Durante o seu segundo mandato presidencial, a división do Partido Liberal e a tenaz oposición conservadora irrogaron a capacidade de manobra do presidente e incrementaron o descontento xeral, ó momento de que por dous días (10 e 11 de xullo de 1944) fose apresado en Pasto polo coronel rebelde Diógenes Gil. Conseguiu, grazas a Darío Echandía, designado á presidencia, quen asumiu o mando, e ó seu ministro de goberno Alberto Lleras Camargo, desvelar a conspiración e manterse no poder.
Os seus pais foron Pedro A. López Medina e Rosario Pumarejo Cotes, de Valledupar, quen tiveron seis fillos, todos nacidos en Honda. Alfonso foi o terceiro e o maior dos homes. Pedro A. López foi un destacado empresario nos sectores do comercio e as finanzas, oriúndo de Bogotá, onde o seu pai Ambrosio López dedicábase á xastrería e chegara a ser líder do influente gremio de artesáns da cidade na década de 1840; Ambrosio á súa vez foi fillo de Jerónimo López.
Viviu a súa infancia en Honda até 1893 cando a familia se trasladou a Bogotá, onde ocorreu a morte da súa nai, ós 28 anos. A principios de 1901, viaxou a Inglaterra a continuar os seus estudos no London School of Economics and Political Science, enfocándose nos temas financeiros. Posteriormente viaxou ós Estados Unidos onde adiantou estudos de economía e comercio na Packard School de Nova York. Nunca obtivo un título profesional, aínda que a súa preparación no exterior permitiulle ter unha visión máis contemporánea do mundo, da economía e da política; volveu a Bogotá en 1904, empezando a colaborar nos negocios do seu pai (a Casa López), chegando a emprender a fundación do Banco Mercantil Americano en 1918, a Casa Mercantil de Ultramar e o Diario Nacional.