Alfonso Rueda na inauguración do CSA da Cidade das TIC (2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1968 (56 anos) Pontevedra, España |
Presidente do Partido Popular de Galicia | |
22 de maio de 2022 – ← Alberto Núñez Feijóo | |
6º Presidencia da Xunta de Galicia | |
14 de maio de 2022 – ← Alberto Núñez Feijóo | |
Vicepresidente da Xunta de Galicia | |
2 de decembro de 2012 – 12 de maio de 2022 ← sen valor – Francisco Conde López → | |
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza | |
18 de abril de 2009 – 12 de maio de 2022 ← José Luis Méndez Romeu – Diego Calvo Pouso → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
1 de abril de 2009 – Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Secretario Xeral do Partido Popular | |
2006 – 2016 ← Xesús Palmou – Miguel Tellado → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - dereito |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario |
Partido político | Partido Popular |
Familia | |
Cónxuxe | Marta Coloret (2000–) |
Pais | José Antonio Rueda Crespo e Dolores de Valenzuela Lopez-Montenegro |
Alfonso Rueda Valenzuela, nado en Pontevedra o 8 de xullo de 1968, é un avogado e político galego do PPdeG. É o actual presidente da Xunta de Galicia dende 2022.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario da Administración local, foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta.[1]
Fillo do político popular José Antonio Rueda Crespo, iniciouse na política en Novas Xeracións, sendo elixido en 1993 presidente de NNGG de Pontevedra. Foi xefe de gabinete do conselleiro Xesús Palmou, e director xeral da Administración Local da Xunta de Galiza entre os anos 2000 e 2005.
Foi secretario xeral do PPdeG, desde o ano 2006 até maio de 2016, cando foi substituído por Miguel Tellado.[2]
Dende a elección de Alberto Núñez Feijóo como presidente autonómico do partido, Rueda encargouse da secretaría xeral en Galiza, concorrendo ás eleccións galegas de 2009 na candidatura electoral da provincia de Pontevedra, acadando o escano e sendo designado posteriormente Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en abril do mesmo ano.
Logo da segunda vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, foi nomeado vicepresidente da mesma, cargo que permanecía vacante desde o cesamento de Anxo Quintana en 2009.[3][4]
O 13 de marzo de 2016 remudou a Rafael Louzán como presidente provincial do PPdeG en Pontevedra logo de que o seu partido perdera a presidencia da Deputación.[5]
Despois da dimisión de Núñez Feijóo como presidente da Xunta, o 11 de maio de 2022 foi investido xefe do executivo galego cos votos favorables de 41 deputados que se correspondían cos do Partido Popular de Galicia menos Pedro Puy Fraga que estaba convalecente dun infarto.[6] Xurou como presidente no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia o día 14 de maio.[7] Dous días máis tarde presidiu o seu primeiro Consello da Xunta no Pazo de Raxoi logo de confirmar no seu cargo a todos os conselleiros precedentes e nomear a Diego Calvo para a vacante que el deixara na Consellería de Presidencia.[8]
O 22 de maio de 2022 foi escollido presidente do Partido Popular de Galicia no seu 18º Congreso, celebrado en Pontevedra: único candidato, logrou o 97,2% dos votos dos compromisarios.[9]
En febreiro de 2009, uns meses antes das eleccións autonómicas, Alfonso Rueda participou na manifestación convocada polo colectivo Galicia Bilingüe en Santiago de Compostela, en contra da ampliación das horas lectivas en lingua galega que estaba a impulsar o goberno da Xunta.[10]
Sendo xa presidente, respaldou o polémico protocolo para limitar o dereito ao aborto impulsado pola Xunta de Castela e León.[11]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfonso Rueda |
Predecesor: Alberto Núñez Feijoo |
Presidente da Xunta de Galicia 2022 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: novo cargo |
Vicepresidente da Xunta de Galicia 2012 - 2022 |
Sucesor: Francisco Conde López |
Predecesor: José Luis Méndez Romeu |
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza 2009 - 2022 |
Sucesor: Diego Calvo Pouso |
Predecesor: Alberto Núñez Feijóo |
Presidente do PP de Galicia 2022 − actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Rafael Louzán |
Presidente do PP na provincia de Pontevedra 2016 − 2022 |
Sucesor: Luis López Diéguez |