Alfred Bosch Pascual, nado en Barcelona o 17 de abril de 1961, é un profesor de Historia na Universidade Autónoma de Barcelona, ademais de novelista, ensaísta e político catalán. É un moi recoñecido dentro da literatura catalá contemporánea. No plano político está ligado a ERC.[1]
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Autónoma de Barcelona no ano 1984 e doutorado en Historia pola Universidade de Barcelona en 1994 (coa tese Nelson Mandela, l'últim Home-Déu), exerceu de profesor de Historia na Universidade Pompeu Fabra, na Universidade de Chicago, na Universidade de Londres, na Universidade de Ibadan (Nixeria), na Universidade de Witwatersrand (Suráfrica) e na Hood College (Washington).[2]
En ficción publicou un bo número de novelas, algún libro de relatos e ten colaborado en antoloxías. A súa narrativa adoita contar cunha traballada ambientación histórica, unha notable vocación viaxeira e un tratamento psicolóxico dos personaxes singular. Boa parte das súas obras están traducidas ao castelán, ao francés e ao portugués.
Como ensaísta, centrouse en reflexións sobre a realidade africana, pero tamén fixo incursións no debate sobre Europa e sobre a sociedade catalá.
Ten colaborado en diversos medios de comunicación de forma regular.
Entre os anos 2010 e 2011 foi o voceiro de Barcelona Decideix, plataforma transversal que organizou unha consulta popular sobre a independencia na cidade de Barcelona o 10 de abril de 2011.[Cómpre referencia]
O 20 de novembro de 2011 foi elixido deputado, como cabeza de lista de Esquerra Republicana de Catalunya en coalición con Reagrupament e Catalunya Sí, da X lexislatura ao Congreso dos Deputados.
A Galicitas posúe citas sobre: Alfred Bosch |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfred Bosch |