![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1866 ![]() Boloña, Italia ![]() |
Morte | 5 de xullo de 1929 ![]() Lido, Italia (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Certosa di Bologna 44°29′46″N 11°18′35″L / 44.49609589, 11.30974019 Grave of Trombetti (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | lingüista ![]() |
Empregador | Universidade de Boloña ![]() |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia ![]() |
Alfredo Trombetti, nado en Boloña o 16 de xaneiro de 1866 e finado no Lido de Venecia o 5 de xullo de 1929, foi un lingüista italiano que desenvolveu a súa actividade, sobre todo, nas tres primeiras décadas do século XX.
Trombetti graduouse na súa cidade natal en 1891 e obtivo no 1904 o Premio Real da Accademia dei Lincei. No mesmo 1904 tornouse profesor titular de Filoloxía semítica, sempre en Boloña, e no 1912 de Ciencia da linguaxe.
É coñecido como defensor da teoría monoxenética das linguas, consonte a cal todas as linguas do mundo remontan a unha única lingua ancestral. Os argumentos a prol da monoxénese foron presentados no seu libro L'Unità d'origine del linguaggio, publicado en 1905. Esta hipótese orixinou unha forte controversia na época e continúa a producila na actualidade, se ben é certo que nos últimos anos hai relevantes defensores dos seus postulados.
Ao respecto do vasco, Trombetti, aínda que non o primeiro, foi un defensor do seu parentesco cas linguas do Cáucaso, máis mesturou no grupo caucásico tamén linguas indoeuropeas, como o hitita, o que minaría os seus argumentos[1]