Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1976 Gilgit-Baltistão, Paquistán (pt) |
Morte | 5 de febreiro de 2021 (45 anos) K2, Paquistán |
Actividade | |
Ocupación | escaladora (pt) , carregador (pt) , montañista |
Deporte | alpinismo |
Muhammad Ali Saspara, nado en Sadpara en 1972, desaparecido en febreiro de 2021 e declarado morto en xullo de 2021,[1] foi un alpinista paquistaní[2].
Comezou a súa relación coa alta montaña no ano 2000 traballando como porteador para expedicións estranxeiras no seu país. Non tardou en destacar facendo traballos na sombra e case sen facer ruído conquistou, agás o K2, todos os oitomiles de Paquistán. Gasherbrum I, Gasherbrum II, Broad Peak e Nanga Parbat.
Saltou á palestra no 2016 tras ser o primeiro ser humano e chegar a cima do Nanga Parbat durante a tempada invernal[3], acompañado por Alex Txikon e Simone Moro. O vasco Alex Txikon, líder oficial da expedición, recoñeceu a Sadpara como o líder natural da mesma[4] e incluso algúns alpinistas internacionais cualifícano como o único responsable do éxito da expedición, restándolle méritos a Moro e Txikon[5].
En febreiro de 2021 perdía a vida xunto ó chileno Juan Pablo Mohr e o islandés John Snorri Sigurjonsson durante un intento invernal de acadar o cumio do K2[6]. A finais de xullo do mesmo ano o alpinista ucraino Valentyn Sypavin atopou os corpos de Sadpara e os seus dous acompañantes[7].