Alianza Editorial | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1966 |
Fundador(es) | José Ortega Spottorno |
País | España |
Na rede | |
https://www.alianzaeditorial.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alianza Editorial é unha editorial española con sede en Madrid, fundada en 1966 por José Ortega Spottorno. Dende 1989, Alianza pertence ao Grupo Anaya (que tamén engloba a editorial galega Xerais) ou selos españois como Cátedra, Algaida, Eudema ou Siruela), que pola súa parte está integrado en Hachette Livre, da multinacional Lagardère. En 2017 o seu catálogo estaba conformado con preto de 2.000 títulos[1]. Nesa altura, a súa directora era Valeria Ciompi[2].