Biografía | |
---|---|
Nacemento | século X |
Morte | 1015 (Gregoriano) |
Conde de Portucale | |
1008 – 1015 ← Tutadona Moniz – Nuno I Aloitiz → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de León Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | conde |
Outro | |
Título | Conde |
Fillos | Nuno I Aloitiz |
Aloito Nuniz (orixinalmente Aloytus Nuniz ou Alvitus Nuniz[Notas 1], en portugués: Alvito Nunes, en castelán: Aloíto Núñez; falecido en 1015 en Vermoim, foi un conde que gobernou o condado portucalense no século XI xunto con Tutadona Moniz, a viúva do conde Menendo II Gundisalviz falecido en 1008.[1]
Probablemente era descendente de Vímara Pérez como neto de Aloito Lucídez e fillo de Nuno Aloitiz documentado en 959 (non confundir co seu fillo Nuno I Aloitiz).[2] Aparece por primeira vez na documentación medieval no ano 985 cando confirma unha doazón do seu tío Tello Aloitiz.
En 1008, cando faleceu o conde Menendo II, Tutadona casou con Aloito, que xa era viúvo e tiña catro fillos. Isto seguramente foi para asegurar a lexitimidade e a continuación da dinastía de Vímara.
Durante as incursións dos viquingos, refuxiouse no castelo de Vermoim, en Vila Nova de Famalicão, onde posiblemente fose asasinado por eles:
Era MLIV. VIII ides Septembris (ano 1015, 6 de setembro) veniunt Lormanes ad castellum Vermudii, quod est in prouincia Bracharensi. Comes tunc ibi erat Aluitus nuniz.[Notas 2]
O seu fillo Nuno I Aloitiz sucedeuno como gobernador do condado.[1]
Casou con Gontina ou Gudina[3][Notas 3][4] coa que tivo polo menos catro fillos:
Aloito Nuniz Nacemento: ? Falecemento: 1016
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por Menendo II Gundisalviz
|
Conde de Portucale 1008 - 1015 |
Sucedido por Nuno Aloitiz |