(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1982 (42 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Manhattan School of Music (en) St Leonards-Mayfield School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cidade de México |
Ocupación | directora de orquestra, pianista |
Período de actividade | 1999 - |
Instrumento | Piano e violoncello |
Familia | |
Irmáns | Mane de la Parra |
Premios | |
| |
Sitio web | alondradelaparra.com |
Alondra de la Parra Borja,[1] nada na Cidade de Nova York o 31 de outubro de 1980,[2] é unha directora de orquestra mexicana. Dende 2017 é Directora Musical da Queensland Symphony Orchestra, sendo a primeira muller en converterse en directora principal dunha orquestra australiana.[3] Alondra de la Parra é Embaixadora de UNICEF e Embaixadora Cultural de México.[4]
Alondra de la Parra naceu en Nova York (Estados Unidos) o 31 de outubro de 1980, filla de Manelick de la Parra, un escritor e editor, e Graciela Borja, unha socióloga e educadora,[5] ambos mexicanos. Aos dous anos trasladouse coa súa familia á Cidade de México.[6]
Aos sete anos comezou a tocar o piano e posteriormente, aos trece comezou a estudar violonchelo.[7] Aos 15 anos marchou estudar un ano ao St. Leonard's-Mayfield School en Inglaterra.[8][9] Estudou piano e dirección orquestral pola Manhattan School of Music de Nova York, recibido a Bolsa Presser e lincenciouse en ambas disciplinas con Jeffrey Cohen e Kenneth Kiesler respectivamente.[10][11]
Co obxectivo de promover e difundir a obra de novas personalidades da composición en América, en 2004 fundou a Orquesta Filarmónica de las Américas, con sede en Nova York.[10][12]
O 30 de setembro de 2022 dirixiu por primieira vez, cumprindo así un dos seus desexos, a Orquestra Sinfónica de Galicia.[13][14]
Alondra de la Parra é filla de Graciela Borja e Manelick de la Parra, este último escritor e fillo da escritora mexicana Yolanda Vargas Dulché. Ten un irmán, Mane de la Parra, que é cantante e actor. En 2004 casou con Carlos Zedillo Velasco, o terceiro fillo do expresidente mexicano Ernesto Zedillo, divorciándose dous anos despois. Ten dous fillos, Luciano e Julián, froito da súa relación con Teo de María, batería da banda de rock mexicana Liquits.[15]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alondra de la Parra |