Alosinos Alosinae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alosa fallax | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||
|
A dos alosinos (Alosinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da familia dos clupeidos (Clupeidae). Máis da metade das súas especies, pertencentes ao xénero Alosa, habitan en augas europeas e do Atlántico occidental, mentres que as demais se distribúen polo oeste de África, a rexión Indo-Pacífica e o Pacífico oriental.
Os alosinos son relativamente grandes, comparados con outros clupeidos. Algunhas especies poden chegar aos 60 cm de longo, pero o tamaño medio é de 20 a 30 cm. O seu ventre é escamoso, e o xénero Ethmidium tamén presenta escamas na parte anterior do lombo (antes da aleta dorsal).
A aleta dorsal está situada no centro do lombo, e as aletas pelvianas están implantadas xusto por debaixo dela. A aleta anal é curta e está claramente por detrás da aleta dorsal. As aletas pelvianas están sostidas por de seis a oito raios brandos.
Algunhas especies teñen moellas no tubo dixestivo.
A súa cor é xeralmente prateada, cunha mancha escura a miúdo detrás das aberturas branquiais (opérculos, e algunhas especies teñen tamén unha fila de puntos ao longo dos flancos do corpo.
As especies dos Alosinae viven no mar cerca da costa, nas augas salobres dos esteiros e tamén as hai de auga doce. Algunhas especies son anádromas (migran do mar para os ríos para reproducírense)
Todas as especies forman cardumes.
Aliméntanse de diversos invertebrados e pequenos peixes. Algúns son filtradores (xénero Ethmalosa) alimentándose de fitoplancto.
Moitas especies, especialmente dos xéneros Alosa, Brevoortia e Tenualosa son de importancia económica para a pesca.