A. S. Packard contra 1888 | |
Nome orixinal | Alpheus Spring Packard Jr. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de febreiro de 1839 Brunswick, Maine |
Morte | 14 de febreiro de 1905 Providence, Rhode Island |
Lugar de sepultura | Cemitério de Mount Auburn (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Bowdoin College Universidade Harvard |
Actividade | |
Ocupación | entomólogo, paleontólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade Brown |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Packard |
Abreviatura do autor en zooloxía | Packard |
Familia | |
Pais | Alpheus Spring Packard Sr. e Frances Appleton |
Irmáns | Charles, George e William Alfred Packard |
Alpheus Spring , tamén coñecido como Alpheus Spring Packard Jr. para distinguilo do seu pai, nado o 19 de febreiro de 1839 en Brunswick, Maine, e finado o 14 de febreiro de 1905 en Providence, Rhode Island, foi un entomólogo, paleontólogo, profesor universitario estadounidense (e tamén cirurxián na guerra civil).
Packard era fillo de Alpheus Spring Packard Sr. e irmán de William Alfred Packard. Foi profesor de Zooloxía e Xeoloxía na Universidade Brown en Providence, Rhode Island, desde 1878 até a súa morte. Destacou como un dos defensores do neolamarckismo durante a eclipse do darwinismo.[1]
O seu traballo principal foi a taxonomía e a anatomía dos artrópodos, e as achegas á entomoloxía económica, á zooxeografía e á filoxenia e metamorfoses dos insectos. Packard foi nomeado para a Comisión Entomolóxica dos Estados Unidos en 1877, onde serviu con Charles Valentine Riley e Cyrus Thomas.[2]
Escribiu libros de texto escolares, como Zoology for High Schools and Colleges (undécima edición, 1904). A súa Monograph of the Bombycine Moths of North America publicouse en tres partes (1895, 1905 e 1915).
En 1878 foi elixido membro da American Philosophical Society.[3]
Packard describiu máis de 500 novas especies animais, especialmente bolboretas e avelaíñas, e foi un dos fundadores da revista The American Naturalist.[4]
Alpheus Spring Packard Jr. faleceu en Providence, Rhode Island o 14 de febreiro de 1905.
A abreviatura Packard emprégase para recoñecer a Alpheus Spring Packard como autoridade na descricón e taxonomía e zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alpheus Spring Packard |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alpheus Spring Packard |
Alpheus Spring Packard.