![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (nb) Berthe Amalie Alver ![]() 22 de agosto de 1846 ![]() Bergen, Noruega ![]() |
Morte | 15 de marzo de 1905 ![]() Copenhague, Dinamarca ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Bispebjerg ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | activista polos dereitos das mulleres, escritora ![]() |
Movemento | Naturalismo ![]() |
Pseudónimo literario | Amalie Mueller ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Erik Skram (1884–1899) Bernt Ulrik August Müller (1864–1882) ![]() |
Fillos | Jacob Worm-Müller ( ![]() Ludvig Müller ( ![]() Johanne Skram Knudsen ( ![]() ![]() |
Irmáns | Johan Ludvig Alver ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Скрам Амалия) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Berthe Amalie Alver, máis coñecida como Amalie Skram, nada en Bergen o 22 de agosto de 1846 e finada en Copenhague o 15 de marzo de 1905, foi unha escritora naturalista e feminista norueguesa. É considerada a autora máis importante do chamado Det moderne gjennombrudd ("O avance moderno"). Entre as súas obras, destaca a tetraloxía Hellemyrsfolket (1887-1898), que analiza as relacións dunha familia durante catro xeracións.
Berthe Amalie Alver naceu en Bergen, Noruega. Os seus pais eran Mons Monsen Alver (1819-1898) e Ingeborg Lovise Siversten (1821-1907). Era a única nena nunha familia de cinco irmáns. Os pais levaban un pequeno negocio que entrou en bancarrota cando Amalie tiña 17 anos. O pai emigrou entón aos Estados Unidos para evitar a cadea. A nai e máis os fillos permaneceron en Noruega.[1]
A nai forzouna a casar cun home máis vello ca ela, Bernt Ulrik August Müller (1837-1898), un capitán de navío e dono dun muíño. Tras trece anos de matrimonio e o nacemento de dous fillos, Skram sufriu unha crise nerviosa, en parte atribuída á infidelidade do seu home. Posteriormente, pasou varios anos ingresada nun hospital mental, e logo divorciouse de Müller. Xunto cos seus dous fillos, Jacob Müller e Ludvig Müller, trasladouse a Kristiania (actual Oslo), onde comezou a súa actividade literaria. Alí, entrou en contacto coa comunidade bohemia, entre os que se atopaban Arne Garborg e Bjørnstjerne Bjørnson.
En 1884, Amalie Skram casou de novo, esta vez co escritor danés Asbjørn Oluf Erik Skram (1847-1923), fillo do director de ferrocarrís Gustav Skram.[1] Mudáronse a Copenhagen, onde tiveron unha filla, Ida Johanne Skram. As súas obrigas como ama de casa, nai e escritora, así como a pouca aceptación das súas radicais obras, conducírona a outra crise mental en 1894, polo que ingresou nun hospital próximo a Roskilde. En 1900, puxo fin ao seu segundo matrimonio.
Amalie Skram finou seis anos despois en Copenhagen. Foi enterrada no cemiterio Bispebjerg.
En 1882, saíu do prelo o seu primeiro relato, "Madam Høiers leiefolk", na revista Nyt Tidsskrift, aínda co nome de Amalie Müller. Un fragmento da súa primeira novela, Constance Ring, foi publicado na revista Tilskueren en 1885.[2]
Continuou escribindo obras até o seu pasamento. Entre os temas da súa narrativa, destacan tres categorías:
Amalie Skram é considerada unha das pioneiras do que se coñecería como movemento das mulleres, principiando o seu avance en Europa. As súas obras, esquecidas tras da súa morte, viviron un proceso de recuperación na década dos 60.