An Cailín Ciúin | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | An Cailín Ciúin |
Director | Colm Bairéad |
Produtor | Cleona Ní Chrualaoí |
Guión | Colm Bairéad |
Baseado en | Foster de Claire Keegan |
Intérpretes |
|
Música | Stephen Rennicks |
Fotografía | Kate McCullough |
Montaxe | John Murphy |
Estudio | Inscéal Broadcasting Authority of Ireland Fís Éireann TG4 Zanzibar Films |
Distribuidora | Break Out Pictures |
Estrea | Berlinale: 11 de febreiro de 2022 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Irlanda |
Xénero | Drama |
Na rede | |
https://the-quiet-girl.de/ | |
An Cailín Ciúin é un filme irlandés de 2022 dirixido e escrito por Colm Bairéad[1][2] e rodado en lingua irlandesa. Ambientado en 1981, o filme conta a historia dunha nena de nove anos que vive nun fogar amoroso por primeira vez cando pasa o verán nunha granxa con parentes en Rinn Gaeltacht, no condado de Waterford.
Foi escollido como candidato de Irlanda para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios[3] e converteuse no primeiro filme irlandés nomeado nesa categoría.[4]
Irlanda, 1981. Unha nena retraída de nove anos vive nun fogar amoroso por primeira vez cando pasa o verán nunha granxa cuns familiares; mais a súa familia de acollida ten un segredo.
An Cailín Ciúin baséase en Foster, unha novela en inglés de 2010 escrita por Claire Keegan. O filme foi titulado orixinalmente Fanacht ("Agardando"). Foi rodado en Dublín e no condado de Meath, con localizacións en Summerhill, Moynalvey (incluíndo Fagan's Pub), Curraghtown, Garlow Cross, Trim e Clonymeath.[5][6]