Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jean-André Sainte-Laguë 20 de abril de 1882 Saint-Martin-Curton, Francia |
Morte | 18 de xaneiro de 1950 (67 anos) 17.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Presidente Société des agrégés (en) | |
1928 – 1931 ← Édouard Rey (en) – Gustave Rodrigues (pt) → | |
Presidente Société des agrégés (en) | |
1917 – 1919 – Paul Fouquet (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | École Normale Supérieure |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoría de grafos |
Ocupación | matemático, escritor de ciencia, professeur agrégé (en) |
Empregador | Lycée Janson-de-Sailly (pt) Conservatoire national des arts et métiers (pt) |
Membro de | Temporary Consultative Assembly (en) (1944–1945) Société des agrégés (en) Confédération des travailleurs intellectuels (en) Resistencia francesa |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
André Sainte-Laguë (Pronunciación francesa: [ɑ̃.dʀe sɛ̃t.la.ɡy], nado en Casteljaloux (Lot e Garona) o 20 de abril de 1882 e finado o 18 de xaneiro de 1950, foi un matemático francés, pioneiro no campo da teoría de grafos. Os seus estudos sobre os métodos de asignación proporcional de escanos (publicados no ano 1910) tivo como consecuencia que un deses métodos leve o seu nome, o método Sainte-Laguë. Tamén leva o seu nome o Índice Sainte-Laguë, para medir a proporcionalidade dun resultado electoral.
André Sainte-Laguë é famoso tamén polo seu cálculo informal que supostamente demostraría que un abesouro non podería voar, ao que se refire o entomoloxista Antoine Magnan na introdución do seu libro Le Vol des insectes (Hermann e Cle, París, 1934). Este cálculo baseouse na comparación entre un avión e un abesouro, na que erroneamente asumiuse que as ás dos abesouros son lisas e planas. El, e outros, corrixiron pronto esta premisa, mais iso non evitou que persista ata a actualidade a historia do científico que demostrou que o voo dun abesouro é imposible.[1]
André Sainte-Laguë publicou outros ensaios de divulgación matemática, entre os que destaca Do coñecido ao descoñecido, con prefacio do biólogo Jean Rostand, e que foi traducido a varias linguas.
Con vinte anos foi admitido tanto na École polytechnique como na Escola Normal Superior de París. Elixiu esta última, e fíxose coa praza de profesor, primeiro en provincias e máis tarde en París. Durante a primeira guerra mundial, e despois de ser ferido tres veces, entre 1917 a 1919 foi destinado ao Departamento de Invencións da Escola Normal Superior. Alí realizou estudos sobre proxectís de artillaría de longo alcance, e logo sobre o voo dos paxaros e materias relacionadas coa aviación.
Despois da primeira guerra mundial, e coma profesor nas escolas de París, pasou a ser lector de matemáticas no Conservatorio Nacional de Artes e Oficios. Máis tarde, en 1938, recibiu a cátedra de Matemática aplicada. Ensinou, así, a xeracións enteiras de enxeñeiros e técnicos. Foi tamén o organizador e anfitrión da Sección de Matemáticas do Palacio do Descubrimento, no cal está aínda presente a súa mente enciclopédica.
Ademais da súa carreira académica foi un activista, especialmente na Confederación de Traballadores Intelectuais, organización sindical fundada no ano 1920 e da que foi presidente en 1929. Desde os comezos da ocupación nazi tomou parte destacada da resistencia, e foi encarcerado durante un tempo. Tras a liberación deixou o seu posto no Conservatorio Nacional de Artes e Oficios, mentres crecía o seu número de estudantes. Para o ano en que morreu, daba clase a tres cursos diferentes, cun total de dous mil cincocentos alumnos.
Foi, entre outros, oficial da Lexión de Honor, Cruz de Guerra e Medalla da Resistencia, así como profesor na Escola Especial de Traballos Públicos (École Spéciale des Travaux Publics).