(2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1969 ![]() A Coruña, España ![]() |
Altura | 187 cm ![]() |
Peso | 71 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | atleta ![]() |
Deporte | atletismo ![]() |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 ![]() |
![]() ![]() |
Andrés Manuel Díaz Díaz,[1] nado na Coruña o 12 de xullo de 1969 é un ex-atleta galego. Participou en dous Xogos Olímpicos (Atlanta 1996 e Sydney 2000) e gañou a medalla de bronce en 1500 metros no Campionato do Mundo Indoor 1999. A súa mellor marca en exteriores é 3:31.48 minutos, pero destacou máis en interiores, e o seu tempo de 3:33.32 minutos continúa a ser o récord de Europa.
A súa primeira aparición internacional foi en 1995, cando alcanzou as semifinais do Campionato do Mundo Indoor e correu as series do Campionato do Mundo de Atletismo. Gañou a medalla de prata na Universíada de verán de 1995.[2] O seu debut nos xogos olímpicos foi en 1996, aínda que foi eliminado na primeira rolda dos 800 m.[3] Nos Campionatos de Europa Indoors de 1996 chegou en cuarto lugar.[4]
A partir de 1997 centrouse nos 1500 metros, rebaixando en máis de seis segundos a súa marca persoal do ano. Chegou á final dos 1500 m nos Campionatos do Mundo Indoors de 1997, rematando en quinta posición. A sorpresa chegou en febreiro de 1999 co récord de Europa de 1500 m nunha proba no Pireo, superando nun segundo a marca de Peter Elliott con 3:33.32 minutos.[5] Volveu facer outra carreira rápida nos campionatos indoor de 1999 o seguinte mes, mais foi vencido por Haile Gebrselassie e Laban Rotich, conseguindo a medalla de bronce.[6] Nos Campionatos do Mundo de Sevilla en 1999 participou na final dos 1500 m xunto con Reyes Estévez e Fermín Cacho. Na carreira máis rápida na historia da competición logrou a súa mellor marca persoal, 3:31.83 minutos, mais quedou quinto e foi superado polos seus compatriotas.[7]
Na súa segunda participación nos xogos olímpicos, en 2000 rematou sétimo nos 1500 m. Tralos xogos, conseguiu a súa mellor marca na proba no Herculis de Mónaco, con 3:31.48 minutos. Entre 2001 e 2003, comezou a correr os 3000 metros e gañou un título nacional e unha medalla de prata na Copa de Europa de 2001.[8] A súa última participación en probas internacionais foi no Campionato do Mundo de 2001, mais non chegou á final.[9] Retirouse en 2003.[4]
En 1999 recibiu a Medalla de Bronce de Galicia.[1]