(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1987 (37 anos) St. Louis, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Asheville, Carolina do Norte |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | cantante , cantautora , produtora musical , compositora , guitarrista , artista discográfico |
Período de actividade | 2009 - |
Xénero artístico | Música tradicional e pop rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Jagjaguwar (pt) |
Premios
| |
Páxina web | angelolsen.com |
Angel Olsen, nada o 22 de xaneiro de 1987 en St. Louis, Missouri, e unha músico e cantautora estadounidense de St. Louis, Missouri[1][2] que no presente vive en Asheville, Carolina do Norte.[3]
Aos tres anos de idade Olsen foi adoptada por unha familia de acollida que coidara dela dende pouco despois de nacer. A diferenza de idade entre ela e os seus pais deixoulle unha grande impresión. "Debido a que hai tantas décadas de diferenza entre nós, interesoume máis como foi a súa infancia", dixo dos seus pais, que aínda viven en St. Louis. "Fantaseaba sobre como sería ser mozo nos anos 30 e 50, máis que outros nenos da miña idade".[3] Olsen explicou que "miña nai só ten esa capacidade para os fillos".[3] A pesar de que nos seus primeiros anos de adolescensia quería ser unha "pop star", os seus intereses cambiaron posteriormente no instituto. Olsen fíxose máis introvertida, asistindo regularmente a concertos de punk rock e música noise no Lemp Neighborhood Arts Center e no Creepy Crawl, ademais de ir a concertos de rock cristián na cidade.[4] Comezou a aprender a tocar o piano e a guitarra e compoñía a súa propia música.[3] Dous anos despois de graduarse no Tower Grove Christian High School, Olsen mudouse a Chicago.[4]
Tras lanzar o seu primeiro EP, Strange Cacti,[5] e un álbum de estrea, Half Way Home,[6] a través do selo Bathetic Records, Olsen fichoi por Jagjaguwar, que editou o seu álbum Burn Your Fire for No Witness[7] o 17 de febreiro de 2014.[8][9] O último tema do disco, "Windows", apareceu no episodio final da serie orixinal de Netflix 13 Reasons Why en 2017.
O terceiro álbum de Olsen, My Woman, foi editado o 2 de setembro de 2016.[10][11] A crítico de Consequence Of Sound Ciara Dolan describiu o álbum como un "disco sorprendente de forza e honestidade inalcanzables",[11] mentres que Jenn Pelly de Pitchfork dixo del que era "o seu mellor disco ata agora".[12]
Ademais do seu traballo con Bonnie "Prince" Billy e The Cairo Gang, Olsen colaborou con outras figuras notables do indie rock estadounidense, como Tim Kinsella de Cap'n Jazz, LeRoy Bach de Wilco, e Cass McCombs.[13] A súa colaboración con Kinsella e Bach, ademais de co poeta de Chicago Marvin Tate, deu como resultado o álbum Tim Kinsella Sings the Songs of Marvin Tate by Leroy Bach Featuring Angel Olsen que o prupo publicou a través do selo de Indianápolis Joyful Noise Recordings o día 3 de decembro de 2013.[13]
O seu cuarto álbum, All Mirrors, foi publicado o 4 de outubro de 2019 con aclamación da crítica. Laura Snapes de Pitchfork describiu o álbum como "breathtaking",[14] mentres que Alexis Petridis de The Guardian dixo que era "desafiante e intrigante" e Luke Saunders de Happy Mag describíuno como un cambio de "transcendencia teatral"[15] en comparación cos seus anteriores traballos.
En 2019 o produtor Mark Ronson contou con Olsen no seu álbum Late Night Feelings, no que tamén participaron Miley Cyrus e Camila Cabello.[16]
O 28 de agosto de 2020 Olsen publicou o seu quinto álbum de estudio, Whole New Mess, a través de Jagjaguwar.[17] O álbum conta con temas de All Mirrors arranxados nun estilo máis íntimo.
En 2020, Olsen publicou varias remesturas de lanzamentos populares. O 9 de abril Olsen publicou unha remestura de "All Mirrors" producida por Johnny Jewel de Chromatics. O 3 de xuño Olsen lanzou unha remestura de "New Love Cassette" producida por Mark Ronson co cal colaborara no tema "True Blue". Tamén en 2020 Olsen traballou nunha versión de "Mr. Lonely", orixinalmente de Bobby Vinton, para o filme Kajillionaire dirixido por Miranda July. Olsen colaborou co compositor de música para películas Emile Mosseri na versión que foi lanzada o 16 de setembro de 2020 e que foi incluída na banda sonora.[18]
O 30 de marzo de 2021 Olsen anunciou unha edición especial en boxset titulada Songs of the Lark and Other Far Memories, que contén os seus dous anteriores álbums, All Mirrors e Whole New Mess, xunto con demos, cancións reelaboradas, remesturas e versións para pechar ese capítulo da súa carreira, editada a través de Jagjaguwar. Anunciouse co sinxelo principal "It's Every Season [Whole New Mess]", lanzado o 7 de maio de 2021.
O 20 de maio de 2021 Olsen lanzou un sinxelo con Sharon Van Etten, "Like I Used To", que foi producido por John Congleton. Olsen e Van Etten aparecen no vídeo musical con peiteados tipo "shag" moi semellantes.[19]
O 20 de agosto de 2021 Olsen publicou o seu cuarto EP, Aisles, formado por cinco versións de temas populares dos anos 80.[20] O escritor de Pitchfork Evan Rytlewski describíuno como "unha partida inusual para unha compositora que sempre apostou todo pola súa convicción".[21]
En 2021 tamén recibiu o Libera Awards á mellor gravación de folk/bluegrass polo seu álbum Whole New Mess (Jagjaguwar) da American Association of Independent Music (A2IM).[22]
O sexto álbum de estudio de Olsen, Big Time, editouse o 3 de xuño de 2022. O disco foi precedido polo sinxelo principal "All the Good Times", e por "Big Time".
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Half Way Home | 2012 | Bathetic Records |
Burn Your Fire for No Witness | 2014 | Jagjaguwar Records |
My Woman | 2016 | Jagjaguwar Records |
All Mirrors | 2019 | Jagjaguwar Records |
Whole New Mess | 2020 | Jagjaguwar Records |
Big Time | 2022 | Jagjaguwar Records |