Angry Birds Star Wars

Angry Birds Star Wars
Desenvolvedor(es)Rovio Entertainment
Exient Entertainment (PS3/PS4/PS Vita/X360/Xbox One/Wii/Wii U/3DS)
Distribuidora(s)Rovio Entertainment (xunto con LucasArts), Activision (PS3/PS4/Vita/X360/Xbox One/Wii/Wii U/3DS)
MotorBox2D
Lanzamento8 de novembro de 2012
XéneroCrebacabezas
Modos de xogoUn xogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Android, iOS, BlackBerry 10,[1] Windows Phone, Microsoft Windows, Windows 8, macOS, Facebook, BlackBerry Tablet OS, Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3, PlayStation 4, PlayStation Vita, Wii, Wii U, Nintendo 3DS
SerieAngry Birds
Na rede
angrybirds.com
editar datos en Wikidata ]

Angry Birds Star Wars é un videoxogo desenvolvido pola compañía finesa Rovio Mobile, que é un crossover entre a franquía Star Wars e a de Angry Birds. Foi lanzado o 8 de novembro de 2012, primeiro para Windows, iOS e Android, e posteriormente para macOS e BlackBerry. O xogo é o sexto título da serie Angry Birds. As personaxes son as mesmas que as da dobre triloxía de George Lucas.[2] O 18 de xullo de 2013, Rovio anunciou que Angry Birds Star Wars estaría dispoñible para PlayStation 3, PlayStation Vita, Xbox 360, Wii, Wii U e Nintendo 3DS en colaboración con Activision.[3] En agosto de 2013, o xogo fora descargado máis de 100 millóns de veces nas distintas plataformas.[4]

O 15 de xullo de 2013, Rovio anunciou unha secuela, titulada Angry Birds Star Wars II. Está baseada na triloxía precuela e na serie de televisión Star Wars Rebels. Angry Birds Star Wars II foi lanzado o 18 de setembro de 2013.[5][6]

  1. The Verge (ed.). "BlackBerry shows off some of its 70,000 new third-party apps, including Skype, Rdio, Kindle, and Whatsapp". Consultado o 30 de xaneiro de 2013. 
  2. Sid. AngryBirdsNest, ed. "Meet the Angry Birds Star Wars Characters". Consultado o 24 de xuño de 2013. 
  3. The Verge (18 de xullo de 2013). The Verge, ed. "'Angry Birds Star Wars' coming to every gaming console known to man October 29th". Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  4. Stuart Dredge. theguardian.com, ed. "Angry Birds Star Wars II to launch for iOS, Android and Windows Phone". Consultado o 2 de decembro de 2013. 
  5. Facebook.com (ed.). "Facebook Angry Birds Photo Announcement". Consultado o 2 de decembro de 2013. 
  6. The Verge (15 de xullo de 2013). The Verge, ed. "'Angry Birds Star Wars II' will follow the prequel trilogy and feature physical toys". Consultado o 12 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]