Anomuros

Anomuros / Anómalos
(Anomura vel Anomala)

Rango fósil: triásico superior - actualidade

O cangrexo ermitán Pagurus bernhardus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Anomura
Macleay, 1838
Superfamilias

Os anomuros (Anomura, dos elementos do latín científico anom(o)-, tirado do grego ανόμοιος anómoios, "diferente", "distinto", e -ura, plural neutro de -urus, -a, -um, derivado do grego ουρά ourá, "cola", "rabo") literalmente, "os de cola diferente (á dos outros grupos de decápodos)", tamén denominados ás veces anómalos (Anomala, nominativo plural do latín eclesiástico anōmalus, -a, -um, "irregular"), son unha infraorde de crustáceos decápodos, cuxos representantes máis coñecidos son os cangrexos ermitáns.

Características

[editar | editar a fonte]

Os nomes anomura e anomala, como resulta evidente das súas respectivas etimoloxías, fai referencia á principal característica deste grupo, a forma pouco habitual do seu corpo, asimétrico. O nome alternativo Anomala reflicte a infrecuente variedade de formas nste grupo; considerando que todos os cangrexos comparten algunhas similitudes obvias, os diversos grupos de anomuros son bastante diferentes.[1]

Decápodo significa "con dez pés (ou patas", pero o quinto par de patas dos anomuros é moi reducido, quedando en ocasións oculto polo cefalotórax, empregándose non para a locomoción, senón para manteren limpas as branquias. Con esta distribución das patas, un "cangrexo" con "catro" pares de patas debe ser un anomuro e non un braquiúro.

O termo Anomura deriva dunha antiga clasificación na que os decápodos reptantes (Reptantia) se dividían en:

  • Macruros (Macrura), de "cola" (abdome) longa.
  • Braquiúros (Brachyura), os de "cola" curta.
  • Anomuros (Anomura), con diferentes tipos de "cola".

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A infraorde subdivídese en catro superfamilias que albergan 14 familias[2] (ou 15, de contarmos a proposición de Boyko de considerar tamén á dos Blepharipodidae):

Munidopsis tridentata, un galateoideo.
Albunea carabus, un hipoideo.
Dardanus megistos, un paguroideo.

Superfamilia Galatheoidea (galateoideos)

Superfamilia Hippoidea (hipoideos)

Superfamilia Lomisoidea (lomisoideos)

Superfamilia Lithodoidea (litodoideos)

Superfamilia Paguroidea (paguroideos)

A clasificación da NCBI [4] coincide basicamente coa da ITIS, pero nos Paguroidea inclúe só 5 familias; non incluúen a dos Parapaguridae, e en lugar da dos Pylochelidae (Bate, 1888) colocan a familia sinónima dos Pomatochelidae (Miers, 1879).

No ano 2005 descubriuse especie Kiwa hirsuta, que foi situada nunha nova familia, a dos Kiwaidae.[5]

O fósil máis antigo atribuído aos anomuros é Platykotta, do noriano–retiano (triásico superior) dos Emiratos Árabes Unidos.[6]

  1. Gary Poore (2004). "Anomura – hermit crabs, porcelain crabs and squat lobsters". Marine Decapod Crustacea of Southern Australia: a Guide to Identification. CSIRO Publishing. pp. 215–287. ISBN 978-0-643-09925-8. 
  2. {{cita web |url=https://www.itis.gov/servlet/SingleRpt/SingleRpt?search_topic=TSN&search_value=97698#null%7Ctítulo=Anomura%7Cpáxina-web=ITIS, the Integrated Taxonomic Information System|data-acceso=04 de decembro de 2019|lingua=en]
  3. Boyko, C. B. (2002). "A worldwide revision of the Recent and fossil sand crabs of the Albuneidae Stimpson and Blepharipodidae, new family (Crustacea, Decapoda, Anomura, Hippoidea)". Bulletin of the American Museum of Natural History 272. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2015. Consultado o 08 de xaneiro de 2013. 
  4. NCBI: Anomura
  5. Furry 'lobster' found in Pacific en BBC NEWS. (en inglés) Consultada o 8/01/2013.
  6. Jérôme Chablais, Rodney M. Feldmann & Carrie E. Schweitzer (2011): "A new Triassic decapod, Platykotta akaina, from the Arabian shelf of the northern United Arab Emirates: earliest occurrence of the Anomura" en Paläontologische Zeitschrift 85: 93–102.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]