Anseranátidos Anseranatidae Rango fósil: Eoceno - Actualidade (34 - 0 Ma) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anseranas semipalmata | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Anseranas semipalmata (Latham, 1798) |
Anseranas semipalmata é unha especie de ave anseriforme, a única incluída hoxe na familia dos anseranátidos e no seu único xénero, Anseranas.
A familia foi descrita en 1880 polo avogado e zoólogo británico especializado en ornitoloxía Philip Sclater.[2]
O xénero decribírao en 1828 o cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés René Primevère Lesson.[3]
Ademais deste único xénero actualmente vivente, rexisatráronse tamén dous xéneros fósiles:[3]
A especie fora descrita en 1798 polo médico e naturalista especializado en ornitoloxía inglés John Latham.[3]
O nome científico Anseranatidae está formado, segundo a norma, pola adición raíz do xenitivo do seu xénero tipo, Anseranas (Anaseranat-) o sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.[4]
En canto Anseranas está formado pola unión dos xéneros Anser e Anas, indicando que son aves de aparencia intermedia entre os gansos e os patos.[4]
O epíteto específico, semipalmatus, indica que a membrana interdixital que une os tres dedos dianteiros dos pés é moi reducida, unha excepción entre os anátidos.
Esta familia situouse na orde dos anseriformes, tendo en conta a estrutura característica do bico, pero considérase distinta das outras familias deste taxon. As familias relacionadas e existentes, anímidos e anátidos, conteñen todos os demais taxons.[5]
Ademais de polo seu nome actualmente vádido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
A especie tamén foi coñecida como:[3]
Anseranas semipalmata é un endemismo do norte de Australia e do sur de Papúa Nova Guinea.[6]. É especialmente abundante no Parque Nacional de Kakadu, no Territorio Norte de Australia. Como a especie é propensa a vagar, especialmente cando non se reproduce, ás veces rexístrase fóra do seu lugar habitual.[6]
A especie tamén estivo moi estendida no sur de Australia, pero desapareceu de alí en gran parte debido á drenaxe das zonas húmidas onde antes criaban estas aves. Debido á súa importancia para os aborixes como fonte de alimento,[7] e posteriormente como suxeitos de caza deportiva,[8] e como atracción turística, a súa presenza estábel no norte de Australia foi garantida garzas a que alí foi protexida.[9]
Son aves inconfundíbeis coa súa plumaxe branca e negra e o co bico e as súas patas amareladas. Os pés só están parcialmente palmados. Os machos son máis grandes que as femias. A diferenza dos verdadeiros gansos, a súa muda é gradual, polo que non se producen períodos sen voar.
Aliméntase de materia vexetal, tanto na auga como en terra.
Aniñan nas árbores.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución moi grande moi grande e que, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia da poboación parece ser flutuante e o seu tamaño é moi grande, polo que non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación, cualifica o seu status LC (pouco preocupante).[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anseranátidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anseranátidos |